_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
MEDIO RURAL
O Concello continúa mellorando os servizos en Sobrán co asfaltado e ensanche da rúa Canto

Vilagarcía, 17 xaneiro de 2025.- O Concello de Vilagarcía vén de rematar as obras de mellora da rúa Canto, en Faxilde. Esta acción enmárcase dentro dun plan de acondicionamento da rede viaria no rural, no que xa se levaron a cabo actuacións en corenta camiños. Ademais, o actual presuposto municipal inclúe unha partida de 400.000 euros para seguir avanzando en materia de mantemento e seguridade viaria.
Neste caso, investíronse máis de 75.000 euros no arranxo duns 275 metros de rúa. En concreto, realizáronse labores de ensanche, coa retirada e recolocación de postes de luz e de telefonía, así como melloras na drenaxe, no asfaltado e a colocación de lombos de seguridade para reducir o impacto do tráfico.

“A actuación nesta rúa era unha demanda dos veciños de Faxilde”, apuntou o alcalde, Alberto Varela, esta mañá nunha visita á zona acondicionada. De feito, á mellora en rúa Canto súmanse ás actuacións levadas a cabo na súa continuación, a rúa Sobrán. Alí tamén se realizaron traballos de humanización, co asfaltado e renovación de servizos cun investimento de máis de 450.000 euros.

“Fronte a outros grupos políticos que piden e prometen cousas, pero logo non apoian no pleno os investimentos, o goberno de Vilagarcía volve amosar que se están facendo actuacións en toda a vila pero especialmente no rural”, apuntou o alcalde, Alberto Varela.

O rexedor e o novo concelleiro de Obras, José María González, aproveitaron a visita para reunirse coa asociación de veciños de Faxilde no centro social. “É unha oportunidade para que o edil teña un primeiro contacto cos veciños e, ademais, é unha reunión necesaria para amosar que estamos a súa disposición e reiterarlles que cumpriremos cos compromisos adquiridos”, explicou Varela.

Un destes deberes era, precisamente, a compra dos terreos en Campo da Fonte, que xa está pechada, pendente unicamente da sinatura notarial, e coa que se cumpre cunha das demandas históricas dos veciños da zona.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Ene 2025  
L
M
X
J
V
S
D
   
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
   
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2025. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -