_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
AVISOS
O avance nas obras do tanque de tormentas en Fexdega obriga a cambiar temporalmente a circulación en Rodrigo de Mendoza

Vilagarcía, 23 de xaneiro de 2025.- O avance nas obras de construción do tanque de tormentas, situado diante de Fexdega, traerá consigo cambios temporais de tráfico que comezarán o vindeiro luns 27 de xaneiro e que afectarán principalmente á circulación na Avenida Rodrigo de Mendoza. En concreto, construiranse dous colectores subterráneos, un no cruzamento que da acceso As Bocas e o outro na intersección da Laxe. Neste sentido, cabe destacar que a zona non quedará cortada ao tráfico en ningún momento, soamente limitada en función do avance das labores.
As obras articularanse en dúas fases, que terán unha duración aproximada dun par de meses, aínda que os técnicos creen que é posible que se rematen antes, en función das condicións meteorolóxicas e outras variables.

Na primeira parte da obra, valarase o acceso As Bocas e non se permitirá que os turismos que baixen dende a rotonda Luz Salgada continúen por Rodrigo de Mendoza. Os condutores poderán acceder ata a rotonda da Laxe e subir por rúa Cabanillas ata Celso Emilio, que cambiará temporalmente de dirección, para continuar ata a rúa Santa Eulalia. Unha vez no “cruce” poderán avanzar por diante de Fexdega ou ben rebasar a zona valada para subir á rúa Castiñeiro por un acceso da Finca Douro, e así continuar a marcha por detrás do recinto feiral. Os condutores tamén poderán facer o percorrido en sentido rotonda da Laxe.

Veciños avisados
O domingo, previo inicio das obras, avisarase aos veciños da Rúa Celso Emilio dos cambios no sentido de circulación, entrada aos garaxes e aparcamento.

Na segunda fase prevese a construción doutro punto de conexión de tubaxes no cruzamento da Laxe. Nese momento, reabrirase con normalidade a circulación en dirección As Bocas, onde xa remataran as obras. Con todo, mantense o corte na rotonda de diante das naves de Nemesio Martínez, polo que os vehículos que baixen dende Luz Salgada deberán dirixirse á rúa Celso Emilio, como na fase anterior, ata rúa Santa Eulalia. Unha vez na intersección, poden continuar cara o recinto feiral, coller por rúa Castiñeiro cara As Bocas con normalidade, ou continuar en dirección rotonda da Laxe.

Só transporte lixeiro
Por outra banda e mentres duren ambas fases, os camións e demais vehículos que superen os 3.500 kg non poderán acceder ao casco urbano por esta zona, tendo o paso cortado xa dende a rotonda de Larsa. No caso dos autobuses, poderán avanzar ata a rotonda de Luz Salgada, pero despois deberán continuar por San Roque ata a gasolineira, e baixar por rúa Santa Eulalia ata o cruzamento. Isto débese a que non hai espazo suficiente no acceso pola rúa Celso Emilio para que manobren.

A Policía Local despregarase nas zonas onde poida darse máis confusión para axudar aos condutores a facerse cos cambios. Estas modificacións poden resultar molestas durante os primeiros días, pero o obxectivo é finalizar canto antes a construción do tanque de tormentas. Trátase dunha obra fundamental para Vilagarcía, tanto para reducir o risco de inundacións no curso baixo do río Con, como para adaptar o saneamento ás necesidades e actuais dimensións da cidade.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Ene 2025  
L
M
X
J
V
S
D
   
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
   
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2025. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -