_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
OBRAS E SERVIZOS
As obras da rúa Extramuros do Carril comezarán de inmediato e resolverán o problema da carga e descarga

As obras de reforma da rúa Extramuros do Carril comezarán de inmediato, como xa foi comunicado en días pasados á xerencia do supermercado, que reclamaba unha solución á zona de carga e descarga. A actuación forma parte dun plan máis amplo para mellorar a seguridade vial en distintos puntos do municipio, cuxa execución foi adxudicada a Marconsa por valor de 48.000 euros. A empresa xa iniciou o replanteo das intervencións, pero ten orde do goberno local de dar prioridade á de Extramuros, do que tamén foi informado o supermercado.
25.01.2025. Como xa se apuntou no seu día, a solución pasa por facer un paso de peóns elevado xusto diante do establecemento comercial. Deste xeito, o punto de carga e descarga quedará onde está agora, ao lado dereito, pero os carros pasarán a outro lado a través dunha superficie única e ao mesmo nivel. Así, ademais de permitir a carga e descarga, o paso incrementará a seguridade vial –ao obrigar a reducir a velocidade e ampliar o tránsito dos peóns- e tamén facilitará a recollida do lixo, pois o sistema dos camións de Urbaser obrigan a ter sempre os contedores nun sentido determinado da marcha.

Ademais, de na rúa Extramuros o plan prevé actuar noutros lugares, basicamente instalando "lombos de burro", na maior parte a petición dos veciños e noutras por consello dos técnicos municipais. Así será nas rúas Galufa e A Veiga, en Cornazo, catro en cada unha, tal e como se comprometera o alcalde nunha reunión coa asociación de veciños desta parroquia; Sobreira (O Rial), Arealonga (dous lombos) e Canteira (A Laxe), Escola de Solobeira, Xesteira (Sobradelo), Pedral (dous) (Rubiáns), Ferrocarril (dous) e 1º de Maio (ambas en Trabanca Badiña). Ademais dos lombos instalaranse 34 sinais advertindo da súa presenza e da necesidade de reducir a velocidade.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Ene 2025  
L
M
X
J
V
S
D
   
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
   
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2025. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -