_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
OBRAS E SERVIZOS
O Concello investirá 120.000 euros en reparar cen metros da rede de saneamento e pluviais en Rosalía de Castro, no Carril

Vilagarcía, 27 xaneiro 2025.- O Concello de Vilagarcía de Arousa acometerá as obras de mellora na rede de saneamento en avenida de Rosalía de Castro no tramo máis próximo a Carril, e construirá unha rede de pluviais para evitar que se colapse cando chova intensamente.
Trátase dunha vía de titularidade autonómica que sofre as consecuencias da falta de mantemento. A calzada atópase en moi mal estado de conservación o que provoca filtracións e afecta aos servizos soterrados: auga, gas, telecomunicacións e tamén saneamento, de titularidade municipal.

O abandono ao que a Xunta somete á avenida de Rosalía de Castro provoca problemas constantes na rede e xera malestar aos veciños e ao Concello, que ten que enviar os operarios municipais constantemente á zona para arranxar as avarias. O goberno de Alberto Varela xa reclamou en innumerables ocasións ao executivo autonómico que realice labores de reforma nesta rúa, unha das máis transitadas da vila, especialmente na tempada de verán.
Por estes motivos, considérase fundamental a actuación inmediata na zona.

Estes traballos non só incluirán a mellora no sistema de saneamento e recollida de augas, que son servizos municipais, senón que o Concello tamén asumirá a mellora do estado do firme, cando non é da súa competencia. O presuposto ascende a 122.000 euros e conta cun prazo de execución de tres meses.

Revisión dos técnicos municipais
Nunha das múltiples revisións da zona, o servizo de obras do Concello detectou que un tramo da rede de saneamento da avenida Rosalía de Castro, en concreto a área que vai dende o cruzamento coa rúa Esperanza e ata o da rúa Lucena, uns cen metros de percorrido, presentan un grado de deterioro moi importante.

O colector existente é de formigón e conta con numerosas roturas e fendas que provocan atascos recorrentes. As obras que se van realizar consisten na demolición da beirarrúa e na escavación dunha gabia para a instalación dun colector. Dado o estado no que se atopa, descártase por completo a súa reparación parcial, polo que se colocará un novo. O estreito das beiravías e a necesidade de actuar nun cruzamento [o da rúa Xalda con Doutor Nicolás Viqueira Conde], provocará que se levante parte da calzada, polo que unha vez que rematen as obras a empresa adxudicataria asfaltará a vía.

Aproveitando a necesidade de renovar a rede de saneamento, instalaranse tamén a rede de pluviais, de xeito que as augas circulen separadas e non como ata agora, evitando os desbordamentos cando se rexistran precipitacións elevadas.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Ene 2025  
L
M
X
J
V
S
D
   
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
   
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2025. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -