_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
DEPORTE
O Concello de Vilagarcía colocará un novo vestiario na Pelada e mellorará a iluminación no campo de Vilaxoán

Vilagarcía, 28 de xaneiro 2025.- O Concello de Vilagarcía continúa apostando por mellorar todas as instalacións deportivas cunha nova inversión de preto de 30.000 euros. A Xunta de goberno deu luz verde para a colocación dun novo vestiario no campo da Pelada e para a mellora da iluminación no de Vilaxoán, onde xoga principalmente o San Martín.
A semana pasada a Fundación de Deportes, dirixida por Carlos Coira, anunciou que se investirían de 90.000 euros na construción dunha cantina en Berdón, ademais da posta a punto do ximnasio municipal e outras actuacións nos pavillóns de Carril e Faxilde. Agora, o executivo de Alberto Varela volve demostrar que escoita e atende as peticións dos clubs deportivos coa mellora en dous espazos moi utilizados pola cidadanía.

Tanto o alcalde como o concelleiro de Deportes visitaron onte á tarde ambas instalacións deportivas, onde se reuniron coa directiva do Faxilde e do San Martín, os dous equipos que máis utilizan as instalacións da Pelada e de Vilaxoán. O alcalde destacou a “boa sintonía” con ambas agrupacións, nuns encontros moi prósperos nos que se abordaron as actuacións que se levarán a cabo proximamente e, ademais, establecéronse as prioridades cara ao futuro.

Polo de agora, a concellería de Deportes investirá 17.716 euros na mellora da iluminación no campo de Vilaxoán. Trátase da colocación de máis focos por torreta, en concreto outros tres por estrutura, que se orientarán cara o centro do campo.

Neste caso, é un reforzo na iluminación, xa que hai un par de anos o Concello investira en cambiar os focos de halóxenos a leds, máis eficientes en termos de enerxía e consumo. No 2019 tamén se destinou unha partida de 200.000 euros para cambiar o céspede artificial.

Por outra banda, colocarase un novo vestiario por valor de 12.000 euros no campo de fútbol da Pelada, tal e como solicitaron tanto o club Faxilde como os pais dos rapaces que usan a instalación. O obxectivo é pasar de dous módulos a tres para asegurar que os xogadores teñan onde deixar as súas pertenzas mentres se están disputando outros partidos e están ocupados os vestiarios principais.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Ene 2025  
L
M
X
J
V
S
D
   
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
   
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2025. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -