_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
CONCELLO
O Concello prorroga a cesión temporal dun espazo en Matosinhos á Xunta para seguir prestando o servizo de Inspección e Saúde

Vilagarcía, 28 xaneiro 2025.- O Concello de Vilagarcía vén de renovar a cesión temporal dun espazo no edificio de Matosinhos para que a Xunta poida seguir prestando o servizo de Inspección e Saúde Pública a todos os veciños e veciñas da comarca. Trátase dun espazo de 266 metros cadrados para atender aos usuarios durante o 2025; a autorización renegociarase anualmente entre ambas administracións.
No acordo entre Xunta e Concello quedou determinado que ambos asumirán o pago das facturas de electricidade, auga e gas, comprometéndose a Consellería de Facenda a facerse responsable do 30,30% do custe total das mesmas. Deste xeito, repártense entre os dous gobernos que son os que utilizan esta instalación. Ademais, a administración galega será a responsable do mantemento e a conservación de dito local.

Outros espazos na cidade

O centro de Matosinhos conta cunha superficie total de 878 metros cadrados e nel albérgase tamén outro servizo de titularidade autonómica: a Rede de Centros para a Modernización e a Inclusión Tecnolóxica (CeMit).

O goberno de Alberto Varela non dubida en brindar a colaboración necesaria para que a Xunta de Galicia poida atender aos veciños de toda a contorna, mais o rexedor cree que o executivo autonómico debería construír en Vilagarcía un edificio administrativo propio. Así, poderíanse concentrar nun mesmo punto moitos dos servizos que nestes momentos se atopan repartidos por diferentes zonas da localidade, dentro de espazos que son cedidos polo Concello.

De feito, a maioría de servizos que a Xunta presta en Vilagarcía están dentro de edificios municipais. Non só é o caso do servizo de Inspección e Saúde Pública ou do CeMit, senón tamén do de Prevención e Asistencia a Drogodependentes (SPAD), na rúa Gumersindo Nartallo, ou da vella Aduana, que leva anos sendo utilizada pola Xunta como centro social.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Ene 2025  
L
M
X
J
V
S
D
   
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
   
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2025. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -