_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
CULTURA
A Biblioteca Municipal organiza unha mostra sobre o traballo do artista gráfico Xosé Vizoso

Vilagarcía, 31 de xaneiro 2025.- A biblioteca municipal de Vilagarcía organiza unha mostra coa que render tributo a un dos maiores referentes da cultura galega: Xosé Vizoso, o artista gráfico ao que se lle dedica este ano o Día da Ilustración.
A exposición recolle algúns dos seus traballos como creativo e deseñador de portadas de libros, tanto infantís como dirixidos ao público en xeral, fundamentalmente pertencentes a Edicións do Castro. A mostra estará dispoñible ata o 21 de febreiro na recepción da biblioteca.

Xosé Vizoso naceu en Mondoñedo en 1950 e é coñecido por plasmar a tradición e a cultura galega nas súas obras. Conta cunha ampla traxectoria como artista gráfico e ceramista, traballando durante máis de corenta anos como deseñador na Fábrica de Cerámica de Sargadelos xunto a Isaac Díaz Pardo. A súa pegada foi fundamental no desenvolvemento de Edicións do Castro, onde traballou arreo difundindo a memoria histórica de Galicia durante a Guerra Civil e o exilio.

No 2021, O Concello de Vilagarcía e a Fundación Artiaga organizaron a exposición “Creatividade e procesos” na Sala Rivas Briones. Nela o autor pretendía que o público fora partícipe de todo o proceso creativo que se agocha detrás dos seus traballos. Ademais, nese mesmo ano, Vizoso foi o encargado de deseñar o cartel das festas de San Roque. Máis recentemente, creou o cartel conmemorativo do Centenario de Club Celta de Vigo.

O nome de Xosé Vizoso súmase así aos de Chicho Campos, María Antonia Dans, Lino González Rubido, Álvaro Cebreiro, Camilo Díaz Baliño, Federico Ribas, Cándido Fernández Mazas, Lolita Díaz Baliño e Reimundo Patiño, que recibiron o recoñecemento en anos anteriores.

Ano Castelao

A celebración do día de Ilustración estableceuse o 30 de xaneiro xa que é a data na que naceu outro dos artistas máis polivalentes da nosa comunidade: Daniel Rodríguez Castelao. Neste contexto, e tendo en conta que este 2025 cúmprense 75 anos do seu falecemento, a Xunta de Galicia decidiu declarar este ano como “Ano Castelao”.

Para honrar a memoria deste autor, a Biblioteca Municipal de Vilagarcía tamén aproveitará para facer unha mostra das súas ilustracións. Nela poderemos atopar, por exemplo, un debuxo do Cruceiro do cemiterio de Carril, incluído no libro “As cruces de pedra na Galiza” do ano 1950.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Ene 2025  
L
M
X
J
V
S
D
   
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
   
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2025. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -