_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
  ORGANIZACIÓN MUNICIPAL / Xunta de Goberno Local

Por resolución da Alcaldía,a Xunta Local de Goberno está formada polos seguintes concelleiros:

Preside: O alcalde, Alberto Varela Paz

Dona Tania García Sanmartín
D. Lino Mouriño Santiago
Dona Paola María Mochales
D. Carlos Coira Lojo
Dona Sonia Outón Casal
D. Diego García Santiago
Dona Luz María Abalo Pérez

A Xunta Local de Goberno reúnese con carácter ordinario tódolos LUNS, a partir das 10.30 horas da mañá.

¿Cales son as súas atribucións?
A Xunta de Goberno Local ten como atribucións a asistencia ó Alcalde no exercicio das súas funcións e todas aquelas que o Alcalde lle delega expresamente, que son:

O desenvolvemento da xestión económica, de acordo co Presuposto aprobado, e a disposición de gastos dentro dos límites das competencias da Alcaldía.

Aproba-la oferta de emprego público de acordo co Presuposto e o Cadro de Persoal aprobados polo Pleno, aproba-las bases das probas para a selección de persoal e para os concursos de provisión de postos de traballo, e distribuí-las retribucións complementarias que non sexan fixas e periódicas.

As aprobacións dos instrumentos de planeamento e desenvolvemento do planeamento xeral non expresamente atribuídas ó Pleno, así como a dos instrumentos de xestión urbanística e dos proxectos de urbanización.

As contratacións e concesións de toda clase cando o seu importe non supere o 10% dos recursos ordinarios do Presuposto nin, en calquera caso, os 6 (seis) millóns de euros, incluídas as de carácter plurianual cando a súa duración non sexa superior a catro anos, sempre que o importe acumulado de tódalas súas anualidades non supere nin a porcentaxe indicada, referido ós recursos ordinarios do Presuposto do primeiro exercicio, nin a contía sinalada.

A aprobación dos proxectos de obra e servicios cando sexa competente para a súa contratación e concesión e estean previstos no Presuposto.

A adquisición de bens e dereitos cando o seu valor non supere o 10% dos recursos ordinarios do Presuposto nin ós 3 (tres) millóns de euros, así como a alleación do patrimonio que non supere a porcentaxe nin a contía indicadas, nos seguintes supostos:
   A de bens inmobles, sempre que estea previsto no Presuposto.
   A de bens inmobles, agás os declarados de valor histórico ou artístico, non estando prevista a súa alleación no Presuposto.

O outorgamento de licencias, agás as que as leis sectoriais atribúan expresamente ó Pleno.

A aprobación de certificacións de obras e facturas en xeral.

A emisión de informes nos expedientes de licencias de apertura en Actividades Molestas, Insalubres, Nocivas e Perigosas, e Espectáculos Públicos e Actividades Recreativas.

A aprobación de proxectos e regulamentos e ordenanzas e o proxecto do Presuposto.

As competencias que expresamente lle atribúan as Leis.

Aquelas que a Lei 11/1999, de 21 de abril, non reserve en exclusiva ó Pleno, por seren delegables ou por non requirir unha maioría específica para a adopción de acordos.

4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    May 2383  
L
M
X
J
V
S
D
           
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -