_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
  ORGANIZACIÓN MUNICIPAL / Delegacións Municipais

As Delegacións no Concello de Vilagarcía de Arousa foron fixadas por Resolución da Alcaldía. A Delegación conferida comprende a dirección interna e a xestión dos servicios correspondentes á devandita área, debendo quedar garantida a unidade de goberno na xestión municipal, polo que a Alcaldía deberá recibir información detallada das xestións realizadas no servicio da competencia delegada, sendo informada previamente da adopción de decisións de transcendencia. De igual xeito, ningún concelleiro delegado pode, á súa vez, delegar noutro concelleiro as atribucións que a el lle foron delegadas pola Alcaldía.

DELEGACIÓN DE SERVIZOS SOCIAIS, IGUALDADE E PERSOAS MAIORES, SANIDADE E EMERXENCIAS e SEGURIDADE CIDADÁ:
DONA TANIA GARCÍA SANMARTÍN, que comprende o seguinte ámbito:
a) Servizos Sociais.
b) Política de igualdade, violencia de xénero e temas vinculados ao colectivo LGTBIQ+
c) Persoas Maiores.
d) Supervisión do funcionamento da Escola Infantil de Vilagarcía e Arousa e coordinación coas Escolas InfantÍs de O Carril e Vilaxoán.
e) Coordinación dos servizos relacionados coa infancia: (Educación Social)
f) Axuda no fogar.
g) Servizo Conciliatardes.
h) Axudas ao Estudo.
i) Servizo do SPAD e unidade de día.
j) Coordinación e supervisión do Servizo de Policía Local, Protección Civil e Emerxencias, no ámbito da seguridade cidadá e das emerxencias.
k) Medidas de prevención de incendios e servizo de extinción de incendios e salvamento.

 

DELEGACIÓN DE SERVIZOS E MEDIO RURAL:
D. LINO MOURIÑO SANTIAGO, que comprende o seguinte ámbito:
a) Rede de sumidoiros.
b) Servizo Municipal de Obras.
c) Iluminación pública.
d) Vías públicas.
e) Xestión e controlo da calidade dos servizos de residuos sólidos urbanos e limpeza viaria, así como o servizo de abastecemento de auga potable e depuración.
f) Mantemento dos espazos públicos rurais.
g) Cemiterios.
h) Limpeza de instalacións municipais e outros.

 

DELEGACIÓN DE URBANISMO, MOBILIDADE E EDUCACIÓN:
DONA PAOLA MARÍA MOCHALES, que comprende o seguinte ámbito:
a) Dirección e supervisión do funcionamento e das competencias da Xerencia Municipal de Urbanismo (planeamento urbanístico, xestión urbanística, licenzas).
b) Dirección e coordinación dos traballos de revisión do PXOM.
c) Preparación das propostas en materia urbanística.
d) Supervisión das obras adxudicadas polo Concello encomendadas a empresas contratistas externas.
e) Propostas relativas á contratación a empresas externas de proxectos técnicos e execución de obras.
f) Obras relacionadas con temas de mobilidade, peonalización, transporte e accesibilidade.
g) Os asuntos relacionados con temas educativos, que inclúe o mantemento e conservación dos centros públicos docentes (CEIPs)
h) Supervisión do funcionamento do Conservatorio e da Escola Municipal de Música.
i) Bibliotecas Municipais.
j) Tráfico e ordenación dos espazos públicos.

DELEGACIÓN DE DEPORTES:
D. CARLOS COIRA LOJO, que comprende o seguinte ámbito:
a) Fomento, promoción, xestión e desenvolvemento da actividade física, práctica deportiva,  instalacións deportivas eventos deportivos.
b) A Presidencia da Fundación Pública de Servizos Deportivos Municipais.
c) Desempeñar a xefatura directa do persoal adscrito á Fundación, sen prexuízo da xefatura superior do persoal que corresponde á Alcaldía.
d) As competencias sectoriais en materia de deportes que veñen atribuídas ao Presidente da Fundación polos Estatutos do Organismo Autónomo.

 

DELEGACIÓN DE CULTURA, NORMALIZACIÓN LINGÜISTICA E PERSOAL:
DONA SONIA OUTÓN CASAL, que comprende o seguinte ámbito:
a) Establecer directrices, desenvolvemento e execución de políticas públicas en materia de Cultura.
b) Iniciativa, programación e xestión de actividades culturais e festas.
c) Normalización lingüística.
d) Coordinación e supervisión do servizo de cultura.
e) Intervencións culturais.
f) Proposta de uso das instalacións culturais a entidades e particulares.
g) Coordinación e supervisión do servizo de cultura e funcionamento do
Auditorio, Sala de Exposicións Rivas Briones, Salón García, Praza da Peixería
e Centros Culturais de titularidade municipal de acordo coas normas específicas que regulan cada un dos equipamentos culturais.
h) Os recursos humanos do Concello, o que conlevará as directrices en materia
de persoal, participar en negociacións sindicais e temas en materia de réxime
interior.
i) Concesión de vacacións e permisos aos empregados municipais.
j) Prevención de riscos laborais.
k) Actuar como interlocutora coas diferentes centrais sindicais con representación no Concello.
l) Promoción de actividades socioculturais.

 

DELEGACIÓN DE MEDIO AMBIENTE, PARQUES E XARDÍNS:
D. DIEGO GARCÍA SANTIAGO, que comprende o seguinte ámbito:
a) Parques, Xardíns e Medio Ambiente.
b) Seguimento en materia de vertedoiros incontrolados.
c) Supervisión e control de sanidade ambiental (verquidos augas residuais,
analíticas auga consumo, etc.)
d) Control de calidade nos servizos de ciclo da auga.
e) Policia en materia de tenencia de animais potencialmente perigosos e as cuestións relativas á canceira municipal.
f) O impulso de expedientes sancionadores aos propietarios de cans que non cumpran coas súas obrigas, especialmente no ámbito das vías públicas, tendo en conta o marco establecido pola Lei de Protección dos dereitos e o benestar dos animais.

 

DELEGACIÓN DE ECONOMÍA, FACENDA E CONSUMO:
DONA LUZ MARÍA ABALO PÉREZ, que comprende o seguinte ámbito:
a) Orzamentos e gasto público, fixación e desenvolvemento das directrices.
b) Ingresos de dereito privado e de dereito público, propostas sobre ordenanzas
fiscais, dirección e execución da xestión tributaria municipal.
c) Recadación en período voluntario e executivo, incluíndo a inspección
tributaria.
d) Supervisión do Servizo da OMIC.

 

DELEGACIÓN DE PROMOCIÓN ECONÓMICA, EMPREGO, XUVENTUDE, TURISMO, NOVAS TECNOLOXÍAS E ADMINISTRACIÓN ELECTRÓNICA:
DON ÁLVARO CAROU GARCÍA, que comprende o seguinte ámbito:
a) Emprego e Formación, incluíndo os centros destinados a estas áreas (Escola
Obradoiro, Centro de Formación de Matosinhos, Oficina de Atención cidadá da Rúa Arcebispo Lago).
b) Promoción do Comercio local e mercados.
c) Interlocutor coas asociacións representativas do comercio local e autónomos.
d) Mellora, mantemento e conservación dos mercados municipais e
funcionamento do mercado semanal de venda ambulante, así como a
promoción da Praza de Abastos de Vilagarcía de Arousa.
e) Coordinación e supervisión do servizo municipal de Xuventude.
f) Fomento e coordinación de actividades lúdicas promovidas por outras
administracións ou entidades públicas dirixidas á xuventude.
g) Voluntariado.
h) Xestión de Locais de Ensaio.
i) Organización de eventos lúdicos singulares tales como as Festas de Nadal, Feira do Libro e
outros.
j) Xestión de actividades no recinto de FEXDEGA e promoción das feiras sectoriais coa excepción das deportivas.
k) Fomento da competitividade empresarial, desenvolvemento económico e da innovación.
l) Plans promocionais de Vilagarcía de Arousa en colaboración coas empresas locais.
ll) Turismo.
m) Interlocutor coas asociacións representativas da hostalería , promovendo a axuda a entidades e asociacións.
n) Promoción da hostalería municipal a través de actividades que contribúan a incrementar o turismo na cidade. Xestión das oficinas en materia de Turismo e do Museo do Ferrocarril.
ñ) Informática, telecomunicacións e novas tecnoloxías.
o) Administración electrónica e o desenvolvemento da información e en particular, cos proxectos de cidade intelixente.

 

4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2013  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -