O Pleno da Corporación Municipal, en sesión
celebrada o día 16 de xaneiro de 1992,
acordou aprobar definitivamente o Regulamento
de Información e Participación Cidadá,
que di textualmente:
1º_ Información ós veciños:
Que se concretará en:
1.a: Ordes do día dos Plenos.
1.b: Proxectos aprobados pola Corporación
para que, previa publicación no “Boletín
Oficial” da provincia, poidan presentar
as súas reclamacións ou alegacións.
1.c:Os resultados das análises das augas
das fontes e traídas particulares.
1.d:As axudas institucionais cos seus prazos para:
Rehabilitación de vivendas, montes comunais,
repoboacións, etc.
1.e As ofertas de emprego público e as
datas e bases que rexerán as convocatorias.
1.f: Información sobre prazos de solicitudes
para vivendas de protección oficial de
promoción pública.
¡.g: Información de bolsas para adquisición
de libros.
1.h: Información sobre axudas sociais.
1.i: Información sobre inscrición
nas escolas deportivas, cursos culturais e talleres
ocupacionais.
1.l: Información sobre actos culturais
e deportivos organizados polo concello.
1.ll: Información sobre horario de recollida
de lixo e trastos.
1.m: Toda aquela información que se vexa
necesaria.
2._Participación:
2.a: Cando algunha das Asociacións ou Entidades
ás que se refire o artigo 72 da Lei 7/1985,
de 2 de abril, desexen facer unha exposición
ante o Pleno, en relación con algún
punto da orde do día que lle afecte directamente,
deberá solicitalo á Alcaldía,
antes de comeza-la sesión. Coa autorización
desta, e a través dun único representante,
poderá intervir durante o tempo que a Alcaldía
lle conceda, con anterioridade á lectura,
debate e vocación da proposta incluída
na Orde do Día.
2.b: Unha vez iniciado aexplicitamente quenda
de rogos e preguntas, o Alcalde establecerá
un quenda entre o público existente. Corresponde
ó Alcalde pechar dito quenda.
2.c: O Concello habilitará cando as circunstancias
o permitan, unha oficina para ser utilizada polas
Asociacións de Veciños inscritas
no rexistro municipal.
2.d: En todo caso, o Concello recoñecerá
explícitamente tódolos dereitos
recoñecidos no ROF.
3º_Subvención:
3.a: O Concello destinará cada ano, en
función das súas posibilidades,
unha cantidade para subvencionar aqueles proxectos
das AA.VV. encamiñados a acada-los fins
expostos nos seus estatutos.
3.b: Para iso, o Concello publicará as
bases polas que se rexerá o concurso de
adxudicación e axudas.
4º_Rexistro e promoción do asociacionismo:
4.a: Para que o Concello poida recoñecer
oficialmente ás Asociacións, e poidan
estas beneficiarse do exposto neste regulamento,
é condición indispensable a súa
inscrición no Rexistro Municipal de Asociación
do Concello.
4.b: A Concellería de Participación
Cidadá fomentará o asociacionismo
de toda índole, en orden a acada-la maior
participación real dos veciños.
Para isto facilitará canta información
sexa precisa para a creación, rexistro
e bo funcionamento das Asociacións.
O que se fai público para xeral coñecemento,
de conformidade co establecido no artigo 70 da
Lei 7/85, de 2 de abril, Reguladora das Bases
de Réxime Local, significando que o presente
Regulamento entrará en vigor a partir do
día seguinte a transcorrido o prazo previsto
no artigo 65-2 da citada lei 7/85.
Vilagarcía de Arousa, a 25 de febreiro
de 1992._O Alcalde, Xoaquín Xabier Gago
López.