Na súa intención de achega-la administración
ó cidadán e, polo tanto, de aumenta-la súa
calidade de vida, o Concello dispón dun Servicio
de Atención ao Cidadán. Situado
na primeira planta da casa consistorial, este servicio pretende
ser o primeiro contacto do administrado coa administración.
Ademais, dende o Rexistro Xeral pode accederse á denominada
Xanela Única. Este servicio, froito
dun convenio Concello-Xunta-Goberno central, permite que os
vilagarciáns poidan entregar nas oficinas municipais
todo documento dirixido á Xunta de Galicia ou a calquera
das entidades de dereito público vinculadas ou dependentes
da Administración Xeral do Estado.