O Servicio Preventivo Asistencial de Drogodependencias
de Vilagarcía de Arousa comezou a funcionar
a finais do ano 1986 para prestar atención
socio-sanitaria a persoas con problemas derivados
do uso de drogas. Este Servicio depende funcionalmente
do Comisionado do Plan de Galicia sobre Drogodependencias,
adxunto á Consellería de Sanidade
e Servicios Sociais da Xunta de Galicia, e contractualmente
do Excmo. Concello de Vilagarcía de Arousa,
de acordo coas directrices do citado Plan.
O ámbito de actuación abarca os
Concellos de:Vilagarcía de Arousa (34.208
hab)
• Caldas de Reis (9.508 hab)
• Cambados (13.209 hab)
• Catoira (3.568 hab)
• Illa de Arousa (4.912 hab)
• Portas (3.227 hab)
• Vilanova de Arousa (8.090 hab)
• e aqueles usuarios de Meaño (5.464hb)
e Ribadumia (4.261hab) que por motivos territoriais
ou de comunicación poden escoller entre
o SPAD de Vilagarcía e o de O Grove.
¿Que liñas de actuación desenvolve?
O Servicio Preventivo Asistencial de Drogodependencias
impulsa diferentes liñas de actuación
nunha serie de ámbitos complementarios
entre si:
Programa Asistencial: Os obxectivos fundamentais
son ofrece-la posibilidade dun tratamento integral
dende unha perspectiva multidisciplinar á
poboación subsidiaria do mesmo.
Programa de Reinserción: O seu obxectivo
é a incorporación socio-laboral
do paciente, incidindo na súa adecuación
ó medio familiar e social, ó uso
axeitado dos recursos da zona e á consecución
dunha mellor estructuración e coherencia
nos procesos personalizados de incorporación
social desenvolvidos.Unidade de día: É
un recurso especializado de tratamento das drogodependencias
que ofrece un programa amplo de actividades terapéuticas,
ocupacionais e educativas. A característica
principal é a non desvinculación
do usuario da súa comunidade, con tódolos
recursos normalizados que alí existen,
o que favorece a súa incorporación
social, ademais de facilitar e potencia-la colaboración
e participación do núcleo familiar
na terapia rehabilitadora.
Programa de Prevención: O seu obxectivo
é preve-lo uso e abuso de drogas na nosa
Comunidade en xeral e especialmente entre os adolescentes
e mozos.
PROGRAMA ASISTENCIAL
• Programa de Orientación,
Información e Acollida (POA)
• Programa Libre de Drogas (PTLO)
• Programa de tratamento con antagonistas
opiáceos (PTANO)
• Programa de tratamento con derivados opiáceos
(PTDO)
• Subprograma de tratamento de desintoxicación
(STD)
• Subprograma de uriñoanalise
• Programa de Prevención de recaídas
(PPR)
• Subprograma de tratamento de asistencia
domiciliaria (STAD)
• Subprograma de tratamento de diminución
do Dano (STDD)
• Programa de tratamento con interdictores
do alcohol (PTIA)
• Programa de tratamento para dependentes
a psicoestimulantes (PTDP).
PROGRAMA DE PREVENCIÓN
O programa de prevención é un conxunto
de estratexias e actividades planificadas que
teñen como obxectivo preve-lo uso e abuso
de drogas, así como reduci-los danos asociados
ó seu posible consumo.
Pretende basicamente:
• Sensibilizar e mobiliza-la nosa comunidade
para xerar unha cultura de rexeitamento ás
drogas mediante o fomento dos propios valores
e recursos.
• Informar e educar ós nosos cidadáns,
fundamentalmente nenos/as e mozos/as, para o desenvolvemento
de estilos de vida saudables, responsables e autónomos.
¿A quen vai dirixido?
Os programas preventivos teñen como destinatarios
á poboación en xeral da nosa Comunidade.
A abordaxe faise fundamentalmente a través
de diversas estructuras sociais: familia, centros
escolares, medios de comunicación, tecido
asociativo, etc. Incidindo prioritariamente nos
nenos/as e mozos/as.
A nosa área de actuación abarca
ós Concellos de Vilagarcía de Arousa,
Vilanova de Arousa, Illa de Arousa, Caldas de
Reis, Portas, Meis e Ribadumia. (poboación
total: 10.035 aprox.).
Liñas de actuación
O S.P.A.D. impulsa diversos programas preventivos
desenvolvidos nos seguintes ámbitos:
1. Ámbito comunitario:
Foméntase fundamentalmente o traballo coa
Comunidade, promovendo a coordinación con
diversos servicios municipais, asociacións,
diversos colectivos e posibles mediadores sociais.
As nosas propostas preventivas teñen como
obxecto concienciar á Comunidade con respecto
á comprensión da problemática
das drogodependencias e as posibilidades de colaboración
como axentes preventivos e membros activos no
seu contorno.
2. Ámbito escolar:
Estes programas teñen como finalidade básica
dotar ós escolares de habilidades que lles
permitan afrontar e resolver con eficacia as diferentes
presións sociais que inflúen directa
ou indirectamente no consumo de drogas, actuando
tanto sobre os factores de protección como
de risco asociados.
3. Ámbito xuvenil:
Estes programas inciden directamente en idades
consideradas de risco potencial no inicio do consumo
de drogas, tendo como obxecto promover na medida
do posible a reducción do consumo de drogas
e atrasar a idade de inicio no consumo. Coidamos
que é prioritario levar a cabo programas
específicos para aborda-la temática
da Prevención do uso/abuso de alcohol e
Prevención do VIH/Sida neste ámbito
xuvenil.
4. Ámbito familiar:
As nosas propostas no ámbito familiar teñen
como obxectivo incrementa-la formación
dos pais/nais na educación integral dos
seus fillos/as, sensibilizándoos sobre
o seu papel activo como axentes preventivos e
promotores de comportamentos saudables e facilitando
o incremento da súa participación
nas tarefas educativas e preventivas.
ÁMBITO COMUNITARIO
Estratexia
• Planificación, Coordinación
e Colaboración con diversas Institucións
e entidades comunitarias.
• Campañas de Información
e Sensibilización.
• Medios de comunicación para a prevención.
• Actividades informativas puntuais, demandadas
dentro da nosa Comunidade.
Actuacións
• Colaboración cos medios de comunicación
na divulgación de información, campañas
de sensibilización e programas preventivos
concretos (radio).
• Colaboración con diversos servicios
municipais, entidades e colectivos comunitarios
na posta en marcha de actividades preventivas.
• Campañas preventivas en relación
con alcohol, drogas de deseño, vih dirixidas
a diversos sectores de poboación.
• Sesións informativas.
Público
• A sociedade en xeral e os diversos servicios
municipais, institucionais,tecido asociativo e
grupos organizados da nosa Comunidade.
ÁMBITO ESCOLAR
Estratexia
• Asesoramento e apoio técnico ós
Centros educativos.
• Facilitación de materiais didácticos
de prevención.
• Posta en marcha de programas preventivos,
avaliación e seguimento.
Actuacións
• Programa de Prevención do consumo
de drogas no ámbito educativo (materiais
didácticos).
• Programa “O Cine como elemento de
Prevención”.
• Obradoiro “E ti que pensas”.
• Programa “Na horta cos meus amigos/amigas”
(contos e representacións teatrais).
• Obradoiros de bebidas saudables.
Público
• Alumnos/as dos diversos centros educativos
do noso ámbito de actuación, e indirectamente
persoal educativo.
ÁMBITO XUVENIL
Estratexia
• Planificación, implantación
e avaliación de programas preventivos dirixidos
á poboación adolescente-xuvenil
e/ou idades en risco.
Actuacións
• Programa de Prevención do uso/abuso
de alcohol.
• Programa de Prevención do VIH/Sida:
“Obradoiros de sexo seguro”.
• Obradoiros ou sesións informativas
demandadas para esta poboación concreta.
Público
• Alumnos/as en idades consideradas de risco
(adolescentes, mozos/as) dos centros educativos
no noso ámbito de actuación.
ÁMBITO FAMILIAR
Estratexia
• Información e orientación
a familias.
• Campañas de información
e Sensibilización.
• Implantación de programas preventivos.
Actuacións
• Sesións informativas e Cursos de
formación en prevención dende a
familia.
• Campañas de Información
e Sensibilización dirixidas a pais/nais
(no momento actual, con temática de alcohol).