_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
  SERVICIOS MUNICIPAIS / Drogodependencias
Dirección Rúa Gumersindo Nartallo, nº 9.
36600 VILAGARCÍA DE AROUSA
Teléfono 986 50 79 70
Fax 986 50 57 96
Correo electrónico spad@vilagarcia.es
Horario público De Luns a Venres, de 8,30 a 14,30 horas
Concelleira Delegada Tania González Sanmartín
Directora
Beatriz Camba Cortés

O Servicio Preventivo Asistencial de Drogodependencias de Vilagarcía de Arousa comezou a funcionar a finais do ano 1986 para prestar atención socio-sanitaria a persoas con problemas derivados do uso de drogas. Este Servicio depende funcionalmente do Comisionado do Plan de Galicia sobre Drogodependencias, adxunto á Consellería de Sanidade e Servicios Sociais da Xunta de Galicia, e contractualmente do Excmo. Concello de Vilagarcía de Arousa, de acordo coas directrices do citado Plan.
O ámbito de actuación abarca os Concellos de:Vilagarcía de Arousa (34.208 hab)

• Caldas de Reis (9.508 hab)
• Cambados (13.209 hab)
• Catoira (3.568 hab)
• Illa de Arousa (4.912 hab)
• Portas (3.227 hab)
• Vilanova de Arousa (8.090 hab)
• e aqueles usuarios de Meaño (5.464hb) e Ribadumia (4.261hab) que por motivos territoriais ou de comunicación poden escoller entre o SPAD de Vilagarcía e o de O Grove.

¿Que liñas de actuación desenvolve?

O Servicio Preventivo Asistencial de Drogodependencias impulsa diferentes liñas de actuación nunha serie de ámbitos complementarios entre si:

Programa Asistencial: Os obxectivos fundamentais son ofrece-la posibilidade dun tratamento integral dende unha perspectiva multidisciplinar á poboación subsidiaria do mesmo.
Programa de Reinserción: O seu obxectivo é a incorporación socio-laboral do paciente, incidindo na súa adecuación ó medio familiar e social, ó uso axeitado dos recursos da zona e á consecución dunha mellor estructuración e coherencia nos procesos personalizados de incorporación social desenvolvidos.Unidade de día: É un recurso especializado de tratamento das drogodependencias que ofrece un programa amplo de actividades terapéuticas, ocupacionais e educativas. A característica principal é a non desvinculación do usuario da súa comunidade, con tódolos recursos normalizados que alí existen, o que favorece a súa incorporación social, ademais de facilitar e potencia-la colaboración e participación do núcleo familiar na terapia rehabilitadora.
Programa de Prevención: O seu obxectivo é preve-lo uso e abuso de drogas na nosa Comunidade en xeral e especialmente entre os adolescentes e mozos.

PROGRAMA ASISTENCIAL

• Programa de Orientación, Información e Acollida (POA)
• Programa Libre de Drogas (PTLO)
• Programa de tratamento con antagonistas opiáceos (PTANO)
• Programa de tratamento con derivados opiáceos (PTDO)
• Subprograma de tratamento de desintoxicación (STD)
• Subprograma de uriñoanalise
• Programa de Prevención de recaídas (PPR)
• Subprograma de tratamento de asistencia domiciliaria (STAD)
• Subprograma de tratamento de diminución do Dano (STDD)
• Programa de tratamento con interdictores do alcohol (PTIA)
• Programa de tratamento para dependentes a psicoestimulantes (PTDP).


PROGRAMA DE PREVENCIÓN

O programa de prevención é un conxunto de estratexias e actividades planificadas que teñen como obxectivo preve-lo uso e abuso de drogas, así como reduci-los danos asociados ó seu posible consumo.
Pretende basicamente:
• Sensibilizar e mobiliza-la nosa comunidade para xerar unha cultura de rexeitamento ás drogas mediante o fomento dos propios valores e recursos.
• Informar e educar ós nosos cidadáns, fundamentalmente nenos/as e mozos/as, para o desenvolvemento de estilos de vida saudables, responsables e autónomos.

¿A quen vai dirixido?

Os programas preventivos teñen como destinatarios á poboación en xeral da nosa Comunidade. A abordaxe faise fundamentalmente a través de diversas estructuras sociais: familia, centros escolares, medios de comunicación, tecido asociativo, etc. Incidindo prioritariamente nos nenos/as e mozos/as.
A nosa área de actuación abarca ós Concellos de Vilagarcía de Arousa, Vilanova de Arousa, Illa de Arousa, Caldas de Reis, Portas, Meis e Ribadumia. (poboación total: 10.035 aprox.).
Liñas de actuación

O S.P.A.D. impulsa diversos programas preventivos desenvolvidos nos seguintes ámbitos:

1. Ámbito comunitario:
Foméntase fundamentalmente o traballo coa Comunidade, promovendo a coordinación con diversos servicios municipais, asociacións, diversos colectivos e posibles mediadores sociais. As nosas propostas preventivas teñen como obxecto concienciar á Comunidade con respecto á comprensión da problemática das drogodependencias e as posibilidades de colaboración como axentes preventivos e membros activos no seu contorno.

2. Ámbito escolar:
Estes programas teñen como finalidade básica dotar ós escolares de habilidades que lles permitan afrontar e resolver con eficacia as diferentes presións sociais que inflúen directa ou indirectamente no consumo de drogas, actuando tanto sobre os factores de protección como de risco asociados.

3. Ámbito xuvenil:
Estes programas inciden directamente en idades consideradas de risco potencial no inicio do consumo de drogas, tendo como obxecto promover na medida do posible a reducción do consumo de drogas e atrasar a idade de inicio no consumo. Coidamos que é prioritario levar a cabo programas específicos para aborda-la temática da Prevención do uso/abuso de alcohol e Prevención do VIH/Sida neste ámbito xuvenil.

4. Ámbito familiar:
As nosas propostas no ámbito familiar teñen como obxectivo incrementa-la formación dos pais/nais na educación integral dos seus fillos/as, sensibilizándoos sobre o seu papel activo como axentes preventivos e promotores de comportamentos saudables e facilitando o incremento da súa participación nas tarefas educativas e preventivas.


ÁMBITO COMUNITARIO

Estratexia
• Planificación, Coordinación e Colaboración con diversas Institucións e entidades comunitarias.
• Campañas de Información e Sensibilización.
• Medios de comunicación para a prevención.
• Actividades informativas puntuais, demandadas dentro da nosa Comunidade.

Actuacións
• Colaboración cos medios de comunicación na divulgación de información, campañas de sensibilización e programas preventivos concretos (radio).
• Colaboración con diversos servicios municipais, entidades e colectivos comunitarios na posta en marcha de actividades preventivas.
• Campañas preventivas en relación con alcohol, drogas de deseño, vih dirixidas a diversos sectores de poboación.
• Sesións informativas.

Público
• A sociedade en xeral e os diversos servicios municipais, institucionais,tecido asociativo e grupos organizados da nosa Comunidade.

ÁMBITO ESCOLAR

Estratexia
• Asesoramento e apoio técnico ós Centros educativos.
• Facilitación de materiais didácticos de prevención.
• Posta en marcha de programas preventivos, avaliación e seguimento.

Actuacións
• Programa de Prevención do consumo de drogas no ámbito educativo (materiais didácticos).
• Programa “O Cine como elemento de Prevención”.
• Obradoiro “E ti que pensas”.
• Programa “Na horta cos meus amigos/amigas” (contos e representacións teatrais).
• Obradoiros de bebidas saudables.

Público
• Alumnos/as dos diversos centros educativos do noso ámbito de actuación, e indirectamente persoal educativo.

ÁMBITO XUVENIL

Estratexia
• Planificación, implantación e avaliación de programas preventivos dirixidos á poboación adolescente-xuvenil e/ou idades en risco.

Actuacións
• Programa de Prevención do uso/abuso de alcohol.
• Programa de Prevención do VIH/Sida: “Obradoiros de sexo seguro”.
• Obradoiros ou sesións informativas demandadas para esta poboación concreta.

Público
• Alumnos/as en idades consideradas de risco (adolescentes, mozos/as) dos centros educativos no noso ámbito de actuación.

ÁMBITO FAMILIAR

Estratexia
• Información e orientación a familias.
• Campañas de información e Sensibilización.
• Implantación de programas preventivos.

Actuacións
• Sesións informativas e Cursos de formación en prevención dende a familia.
• Campañas de Información e Sensibilización dirixidas a pais/nais (no momento actual, con temática de alcohol).

Público
• Pais/nais do noso ámbito de actuación.

4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Sept 2016  
L
M
X
J
V
S
D
     
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
   
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -