A administración financeira do Concello corresponde ós
departamentos de Intervención e Tesourería.
O servicio de Intervención desenvolve as seguintes actividades:
• Fiscalizar tódolos actos, documentos e expedientes que dean lugar ó recoñecemento de dereitos e obrigacións de carácter económico.
• Ordena-los ingresos e pagos que se derivan dos actos anteriores.
• Intervir os ingresos e fiscalizar tódolos actos de contido económico.
TESOURERÍA
Dirección
Casa do Concello. Praza de Ravella,
1 – 3ª Planta
36600 – Vilagarcía de Arousa
O departamento de Tesourería ten como funcións
principais as seguintes:
• Manexar e controla-los fondos, valores e
efectos do Concello.
• Realiza-los cobros e pagos que corresponden
ó Concello.
• Exerce-la xefatura do servicio de Recadación,
establecendo os procedementos recadatorios,
autorizando os pliegos de cargo de valores que se entregan ós
recadadores e axentes executivos, dictando as providencias de
apremo nos expedientes deste carácter e autorizando, cando sexa necesario,
a poxa dos bens embargados.
Dependente de Tesourería é o servicio de Rendas, que basicamente se encarga de:
• Liquida-los ingresos municipais
(impostos, taxas, prezos públicos e outros ingresos).
• Realiza-las propostas de resolucións dos recursos interpostos contra os ingresos municipais en período voluntario.
• Controla-las altas, baixas e modificacións dos rexistros.
• Rexistra-los cambios de domicilios a efectos de notificacións.
Tamén dependente da Tesourería, o servizo de Recadación encárgase de realiza-lo proceso de cobro dos tributos, prezos públicos e outros ingresos, e de realiza-las propostas de resolución dos recursos interpostos contra os tributos en vía executiva de constriximento.
O cobro dos tributos efectúase por dúas vías:
• En período voluntario: dentro dos prazos legalmente establecidos,
recollidos no Calendario do Contribuínte.
• En período executivo: unha vez rematado o prazo voluntario,
sen que se tivera satisfeita a débeda, iníciase o período executivo.
Antes de que sexa dictada a providencia de constrinximento,
o pago incluirá un 10% de recargo, pero se xa foi notificada,
o recargo será do 20%, máis os intereses de demora devengados
e as custas que procedan.
O pagamento dos recibos e liquidacións pódese realizar a través de:
- domiciliación bancaria.
- caixeiros automáticos habilitados.
- E presencialmente nas entidades financieiras colaboradoras
coa Recadación municipal: Banco Pastor, NovaGalicia Banco,
La Caixa, BBVA, Banco Etcheverría e Banco Santander.
RECADACIÓN
Dirección
Casa do Concello. Praza de Ravella, 1 - 2ª planta. 36600 – Vilagarcía de Arousa