_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
  SERVICIOS MUNICIPAIS / Policía local
Dirección Praza de Ravella, 1. - baixo
36600 VILAGARCÍA DE AROUSA
Teléfono 986 099 200 (Ext. 114) / 092
Fax 986 500 911
Correo electrónico  policialocal@vilagarcia.es
Concelleiro delegado José María González Araújo
Responsable servicio María del Carmen Roca

Unha das funcións máis importantes dun Concello é a de resolve-los problemas derivados do tráfico viario, o medio ambiente, a seguridade cidadán, os conflictos privados e as situacións de risco ou emerxencia. A solución destes problemas canalízase a través da Policía Local, que, xa que logo, ten entre as súas funcións, as seguintes:
• Ordenar, sinalizar e dirixi-lo tráfico no casco urbano.
• Instruí-los atestados correspondentes ós accidentes de tráfico ocorridos dentro do término municipal.
• Instruí-los expedientes sancionadores en materia de tráfico.
• Prestar auxilio en caso de accidente, catástrofe ou calamidade pública, participando nas tarefas de Protección Civil.
• Previ-la comisión de actos delictuosos, mediante unha efectiva vixilancia das rúas, prazas e lugares do municipio.
• Cooperar na resolución de conflictos privados.
• Vixiar e custodia-los edificios e instalacións municipais.
• Realizar informes de convivencia, de solicitudes de vado e ocupación da vía pública, localización e precinto de vehículos, actividades industriais, etcétera.
• Auxiliar á Policía Xudicial.

Ademais destas funcións propias do servicio, dende a Policía Local realízanse ó cabo de ano numerosas actividades de información para diversos colectivos, pero especialmente para os escolares do municipio.

Na actualidade, o cadro de persoal da Policía Local de Vilagarcía está composto por unha suboficial-xefe, tres cabos e 39 axentes. Os medios móbiles cos que conta son cinco coches patrulla, unha grúa e dúas motocicletas.

 

4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Nov 1917  
L
M
X
J
V
S
D
     
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
   
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -