Praza de Ravella, 1. - baixo
36600 VILAGARCÍA DE AROUSA
Teléfono
986 099 200 (Ext. 114) / 092
Fax
986 500 911
Correo electrónico
policialocal@vilagarcia.es
Concelleiro delegado
José María González Araújo
Responsable servicio
María del Carmen Roca
Unha das funcións máis importantes dun Concello
é a de resolve-los problemas derivados do tráfico
viario, o medio ambiente, a seguridade cidadán, os
conflictos privados e as situacións de risco ou emerxencia.
A solución destes problemas canalízase a través
da Policía Local, que, xa que logo, ten entre as súas
funcións, as seguintes:
• Ordenar, sinalizar e dirixi-lo tráfico no casco
urbano.
• Instruí-los atestados correspondentes ós
accidentes de tráfico ocorridos dentro do término
municipal.
• Instruí-los expedientes sancionadores en materia
de tráfico.
• Prestar auxilio en caso de accidente, catástrofe
ou calamidade pública, participando nas tarefas de
Protección Civil.
• Previ-la comisión de actos delictuosos, mediante
unha efectiva vixilancia das rúas, prazas e lugares
do municipio.
• Cooperar na resolución de conflictos privados.
• Vixiar e custodia-los edificios e instalacións
municipais.
• Realizar informes de convivencia, de solicitudes de
vado e ocupación da vía pública, localización
e precinto de vehículos, actividades industriais, etcétera.
• Auxiliar á Policía Xudicial.
Ademais destas funcións propias do servicio, dende
a Policía Local realízanse ó cabo de
ano numerosas actividades de información para diversos
colectivos, pero especialmente para os escolares do municipio.
Na actualidade, o cadro de persoal da Policía Local
de Vilagarcía está composto por unha suboficial-xefe,
tres cabos e 39 axentes. Os medios móbiles cos que
conta son cinco coches patrulla, unha grúa e dúas
motocicletas.