Aviso: as reclamacións deben presentarse, non
obstante, por escrito e no rexistro do Concello.
Horario público
Luns, mercores e venres, de 8,30 a 14,30 horas
Concelleiro Deleg.
Matilde Laya Lorenzo
Responsable Serv.
Carmen Iglesias Oubiña
A OMIC é unha dependencia ou servicio
público de atención ó cidadán
pertencente ó Concello que ofrece ós
consumidores un Servicio Aberto a todo tipo de
consultas e reclamacións sobre temas de
consumo, sinxelo de trámites, práctico
nos resultados e, ademais, gratuíto.
As funcións da OMIC, tal como establece
a Lei Xeral para a Defensa dos Consumidores e
Usuarios, son as seguintes:
• Información, axuda e orientación
ós consumidores e usuarios para o exercicio
dos seus dereitos.
• Indicación de enderezos doutros
centros públicos ou privados de interese
para o consumidor.
• Recepción e rexistro de queixas
e reclamacións dos consumidores e remisión
destas ás Entidades e Organismos correspondentes.
• En xeral, a atención, defensa e
protección dos consumidores e usuarios.
Dende a OMIC realízanse tarefas de educación
e formación en materia de consumo, promovendo
a formación dos consumidores, tanto dos
máis pequenos, a través de actividades
na escola, como dos xoves e adultos, mediante
a realización de cursiños, coloquios,
obradoiros, xornadas, publicacións, etcétera.
En definitiva, A OMIC ESTÁ Ó TEU
SERVICIO atendendo calquera problema, consulta,
reclamación ou denuncia referente ó
mundo do consumo, e ofrecendo unha información
que facilite o exercicio dos dereitos dos consumidores.