_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
  SERVICIOS MUNICIPAIS / Cultura / Bibliotecas
BIBLIOTECA PÚBLICA MUNICIPAL “ROSALÍA DE CASTRO”

Dirección: Rúa Rey Daviña, 14.
Teléfono: 986 565228
Fax: 986 501109
Correo electrónico: biblioteca@vilagarcia.es

O edificio no que empraza a biblioteca consta de planta baixa e dous andares. A Biblioteca ocupa as dúas plantas superiores.

Na primeira planta distínguense as seguintes zonas:

Sala de lectura infantil e publicacións periódicas.

  • Fondo de Documentación Local.

  • Servicio de préstamo e de fotocopias.

  • Despacho de dirección.

Na segunda planta atópase a Sala Xeral de lectura e un pequeno depósito ou almacén.

O número total de postos de lectura é de 120, repartidos da seguinte forma: 50 na primeira planta (sala infantil e de publicacións periódicas, e Fondo de Documentación Local), e 70 postos máis na segunda planta (Sala Xeral).

HORARIO. O horario da biblioteca é de luns a venres, de 9:00 a 21:00 horas e os sábados, de 09:00 a 14:00 horas.

SERVICIOS. Esta biblioteca presta os seguintes servicios:

  • Lectura en sala: Conta para iso cun total de 120 postos de lectura, non existindo restricción algunha, podendo pois acceder ás instalacións todo aquel que o desexe. Ó igual que a maioría das bibliotecas públicas municipais, a de Vilagarcía é de acceso directo, é dicir, o lector accede libremente ós estantes. Ó longo do 2002 a biblioteca foi utilizada por 40.273 persoas.

  • Préstamo a domicilio: O servicio de préstamo a domicilio réxese polo "Regulamento de préstamo de obras impresas da biblioteca Pública Municipal de Vilagarcía de Arousa". Poden facer uso deste servicio tódalas persoas que residan no municipio de Vilagarcía de Arousa. Para obter libros en préstamo é necesario estar en posesión do CARNÉ DE LECTOR/A (tarxeta de préstamo), que será expedido cumprindo os seguintes requisitos: a) Solicitude que se facilita na biblioteca debidamente cumprimentada; e b) dúas fotografías tamaño carné. Os carnés teñen unha validez de validez de cinco anos, renovables. No 2002, o número de persoas inscritas neste servicio foi de 4.221.

  • Préstamo interbibliotecario: Coa fin de localizar e obter en préstamo obras, ou de se-lo caso fotocopias, e información bibliográfica, mantéñense contactos con outras bibliotecas, como a Nacional, a Xeral da Universidade de Santiago, a Provincial de Pontevedra, así como con outras de ámbito municipal da nosa Comunidade.

  • Información. A información que pode obterse é de moi diverso tipo: sobre as propias instalacións e seu funcionamento, bibliográfica, de referencia, dos actos culturais que se celebran na casa da cultura, sobre plans de estudios e becas na universidade, etcétera.

  • Reprografía: A biblioteca conta cun servicio de reproducción mediante fotocopias, de xeito que os usuarios poden obter copias de documentos que non son obxecto de préstamo. Así mesmo, existe tamén un lectro de microfichas.

PERSOAL. O cadro de persoal desta biblioteca está composto por unha praza de Directora da Biblioteca, unha praza de auxiliar e catro prazas de Subalternos, todos eles funcionarios do Concello.

FONDO. O número de volumes inscritos no libro de rexistro da Biblioteca Central é de 23.829. Ademáis, na biblioteca é posible consulta-lo seguinte material

  • Publicacións Periódicas. A biblioteca recibe mediante suscrición 20 publicacións periódicas, entre as que se inclúen prensa diaria (nacional e autonómica), revistas de información xeral, cultural, científica, etc.; así como publicacións oficiais de organismos e institucións provinciais e autonómicas. Ademais das recibidas mediante suscrición, na biblioteca recíbense outros setenta títulos. Polo tanto, os usuarios/as teñen a posibilidade de consultar de máis de 90 títulos diferentes de publicacións periódicas, especialmente de carácter cultural.

  • Fondos especiais. O material especial con que conta esta biblioteca pódese distribuír nos seguintes apartados:

    • Postais. 160 postais sobre Vilagarcía de Arousa e outras zonas da provincia de Pontevedra.

    • Fotografías. 55 fotografías de Vilagarcía e outros Concellos de Arousa.

    • Audiovisuais: 4.542 Distribuidos en vídeos (152), diapositivas (2.602), CDs (368), cassettes (155), discos 45 rpm (15), CD-Rom (318), microfichas (800), disquetes (25), DVD (107)

  • Fondo Local: A tipoloxía do material recollido nesta sección da biblioteca é amplo e variado, podéndose distinguir entre xornais, follas parroquiais, carteis, programas de festas, monografías, diapositivas, postais, fotografías, etc. O fondo estructúrase en carpetas temáticas, monografías, publicacións periódicas e materiais especiais.
    • Carpetas temáticas: A documentación está repartida en carpetas que foron o resultado da agrupación por temas da documentación existente no momento. Conteñen documentación variada sobre Vilagarcía: a súa historia, turismo, cultura, festas, biografías, etc.
    • Monografías: Neste apartado están recollidas as obras de escritores locais así como as publicacións que falan e informan sobre a nosa localidade.
    • Publicacións periódicas e dosieres de prensa: Pódese diferenciar, entre publicacións antigas e publicacións actuais, ou en curso. En canto ó primeiro grupo, a biblioteca conta con algún exemplar solto de revistas ou periódicos antigos editados en Vilagarcía, así como algúns exemplares de publicacións que fan referencia á cidade, aínda que non fosen publicados na vila. Mención especial merece a colección completa do xornal local "Galicia Nueva" que abarca o período 1907-1938 e que pode considerarse como a "xoia" do Fondo, pois é unha das fontes históricas fundamentais para os traballos de investigación sobre o Concello. Por outra banda, na Biblioteca elabóranse “dossieres” de prensa nos que se recollen as noticias de ámbito local e comarcal aparecidas nos xornais rexionais de máis difusión da nosa zona. As datas que abarcan os dosieres de prensa van desde maio de 1983 ata a actualidade.
    • Materiais especiais: Dentro deste apartado incluiríanse: reproduccións de fotos antigas de Vilagarcía e comarca, postais, vídeos, diapositivas, microfichas e disquetes

ACTIVIDADES DE EXTENSIÓN CULTURAL.

  • Campaña de Fomento da Lectura: Dende hai varios anos, a Biblioteca Municipal e as súas Axencias de Lectura participan na “Campaña de Fomento da Lectura” organizada pola Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo entre as bibliotecas integradas na Rede de Bibliotecas de Galicia. Os seus obxectivos son:

    • Fomentar e incentivar a Lectura entre os participantes.

    • Promover un achegamento ós autores, ilustradores, e en xeral ós profesionais da literatura infantil e xuvenil, por medio do contacto cun autor/a.

    • Dar a coñecer as Bibliotecas da localidade a tódolos nenos participantes.

  • Visitas guiadas de escolares: Coa finalidade de dar a coñece-las instalacións e o seu funcionamento, ó longo do ano a biblioteca é obxecto de visitas guiadas de escolares acompañados polos seus mestres.
  • Campaña de Nadal: Encamiñada a premiar e incentivar ós lectores menores de 14 anos que máis libros levaron en préstamo ó longo do ano. Os premios consisten en lotes de libros, pegatinas, lápices, bolígrafos, etc. Normalmente, os agasallos entréganse en xaneiro.

AXENCIA DE LECTURA DO CARRIL

Dirección: Rúa Santiago, 22. 36610 – O Carril (Vilagarcía de Arousa).
Teléfono: 986 56 52 28.
Fax: 986 50 11 09.
Correo electrónico: biblioteca@vilagarcia.es

Horario: De luns a venres, de 17 a 20 horas.

Postos de lectura: 62.

Número de libros: 4.851.

Materiais especiais: 19 discos, 19 casetes, 10 vídeos e 33 CD-Rom.

Servicios: Actividades culturais, información bibliográfica, préstamo a domicilio, lectura en sala, formación de usuarios e solicitude de adquisicións.

AXENCIA DE LECTURA DE VILAXOÁN

Dirección: Rúa Doctor Vázquez Leis. 36611 – Vilaxoán (Vilagarcía de Arousa).
Teléfono: 986 56 52 28.
Fax: 986 50 11 09.
Correo electrónico: biblioteca@vilagarcia.es

Horario: De luns a venres, de 18 a 21 horas.

Postos de lectura: 35.

Número de libros: 4.448.

Materiais especiais: 21 discos, 17 casetes, 11 vídeos e 7 CD-Rom.

Servicios: Actividades culturais, información bibliográfica, préstamo a domicilio, lectura en sala, formación de usuarios e solicitude de adquisicións.

AXENCIA DE LECTURA DE BAMIO

Dirección: Rúa San Xoán. 36618 – Bamio (Vilagarcía de Arousa).
Teléfono: 986 56 52 28.
Fax: 986 50 11 09.
Correo electrónico: biblioteca@vilagarcia.es

Horario: de 17 a 20 horas.

Postos de lectura: 35.

Número de libros: 4.030.

Materiais especiais: 10 discos, 14 casetes, 5 vídeos e 8 CD-Rom.

Servicios: Actividades culturais, información bibliográfica, préstamo a domicilio, lectura en sala, formación de usuarios e solicitude de adquisicións.


INSTALACIÓNS CULTURAIS
Casa da Cultura
Sala de Exposicións Rivas Briones
Praza da Peixería
Auditorio
Rede de Centros Socioculturais

DIRECTORIO DE GRUPOS
Asociacións veciñais
Asociacións culturais
Asociacións xuvenis
Asociacións de mulleres
Corais
Folclore
Teatro
Música

BIBLIOTECAS
Biblioteca Pública Municipal Rosalía de Castro
Axencia de Lectura do Carril
Axencia de Lectura de Vilaxoán
Axencia de Lectura de Bamio

DIRECTORIO DE ASOCIACIÓNS
Culturais
Veciñais
CONCURSOS E PREMIOS
Cabalgata de Reis
Concurso Internacional da Camelia
Entroido
Fotografía: Ruta Fluvial Xacobea
Maios
Poesía: Fermín Bouza Brey.
Traducción: Fundación Plácido Castro
CATÁLOGO DE PUBLICACIÓNS


CATÁLOGO DE EXPOSICIÓNS


GALERÍA DE ARTE MUNICIPAL
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    May 1921  
L
M
X
J
V
S
D
           
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -