O edificio no que empraza a biblioteca consta
de planta baixa e dous andares. A Biblioteca ocupa
as dúas plantas superiores.
Na primeira planta distínguense
as seguintes zonas:
Sala de lectura infantil e publicacións
periódicas.
Fondo de Documentación Local.
Servicio de préstamo e de fotocopias.
Despacho de dirección.
Na segunda planta atópase a Sala
Xeral de lectura e un pequeno depósito
ou almacén.
O número total de postos de lectura é
de 120, repartidos da seguinte forma: 50 na primeira
planta (sala infantil e de publicacións
periódicas, e Fondo de Documentación
Local), e 70 postos máis na segunda planta
(Sala Xeral).
HORARIO. O horario da biblioteca é de luns a venres, de 9:00 a 21:00 horas e os sábados, de 09:00 a 14:00 horas.
SERVICIOS. Esta biblioteca presta os
seguintes servicios:
Lectura en sala: Conta para iso cun
total de 120 postos de lectura, non
existindo restricción algunha, podendo
pois acceder ás instalacións
todo aquel que o desexe. Ó igual que
a maioría das bibliotecas públicas
municipais, a de Vilagarcía é
de acceso directo, é dicir, o lector
accede libremente ós estantes. Ó
longo do 2002 a biblioteca foi utilizada por
40.273 persoas.
Préstamo a domicilio: O servicio
de préstamo a domicilio réxese
polo "Regulamento de préstamo
de obras impresas da biblioteca Pública
Municipal de Vilagarcía de Arousa".
Poden facer uso deste servicio tódalas
persoas que residan no municipio de Vilagarcía
de Arousa. Para obter libros en préstamo
é necesario estar en posesión
do CARNÉ DE LECTOR/A (tarxeta de préstamo),
que será expedido cumprindo os seguintes
requisitos: a) Solicitude que se facilita
na biblioteca debidamente cumprimentada; e
b) dúas fotografías tamaño
carné. Os carnés teñen
unha validez de validez de cinco anos, renovables.
No 2002, o número de persoas inscritas
neste servicio foi de 4.221.
Préstamo interbibliotecario: Coa
fin de localizar e obter en préstamo
obras, ou de se-lo caso fotocopias, e información
bibliográfica, mantéñense
contactos con outras bibliotecas, como a Nacional,
a Xeral da Universidade de Santiago, a Provincial
de Pontevedra, así como con outras
de ámbito municipal da nosa Comunidade.
Información. A información
que pode obterse é de moi diverso tipo:
sobre as propias instalacións e seu
funcionamento, bibliográfica, de referencia,
dos actos culturais que se celebran na casa
da cultura, sobre plans de estudios e becas
na universidade, etcétera.
Reprografía: A biblioteca
conta cun servicio de reproducción
mediante fotocopias, de xeito que os usuarios
poden obter copias de documentos que non son
obxecto de préstamo. Así mesmo,
existe tamén un lectro de microfichas.
PERSOAL. O cadro de persoal desta biblioteca
está composto por unha praza de Directora
da Biblioteca, unha praza de auxiliar e catro
prazas de Subalternos, todos eles funcionarios
do Concello.
FONDO. O número de volumes inscritos
no libro de rexistro da Biblioteca Central é
de 23.829. Ademáis, na biblioteca é
posible consulta-lo seguinte material
Publicacións Periódicas.
A biblioteca recibe mediante suscrición
20 publicacións periódicas,
entre as que se inclúen prensa diaria
(nacional e autonómica), revistas de
información xeral, cultural, científica,
etc.; así como publicacións
oficiais de organismos e institucións
provinciais e autonómicas. Ademais
das recibidas mediante suscrición,
na biblioteca recíbense outros setenta
títulos. Polo tanto, os usuarios/as
teñen a posibilidade de consultar de
máis de 90 títulos diferentes
de publicacións periódicas,
especialmente de carácter cultural.
Fondos especiais. O material especial
con que conta esta biblioteca pódese
distribuír nos seguintes apartados:
Postais. 160 postais sobre Vilagarcía
de Arousa e outras zonas da provincia
de Pontevedra.
Fotografías. 55 fotografías
de Vilagarcía e outros Concellos
de Arousa.
Fondo Local: A tipoloxía do
material recollido nesta sección da biblioteca
é amplo e variado, podéndose distinguir
entre xornais, follas parroquiais, carteis,
programas de festas, monografías, diapositivas,
postais, fotografías, etc. O fondo estructúrase
en carpetas temáticas, monografías,
publicacións periódicas e materiais
especiais.
Carpetas temáticas: A documentación
está repartida en carpetas que foron
o resultado da agrupación por temas
da documentación existente no momento.
Conteñen documentación variada
sobre Vilagarcía: a súa historia,
turismo, cultura, festas, biografías,
etc.
Monografías: Neste apartado
están recollidas as obras de escritores
locais así como as publicacións
que falan e informan sobre a nosa localidade.
Publicacións periódicas
e dosieres de prensa: Pódese
diferenciar, entre publicacións antigas
e publicacións actuais, ou en curso.
En canto ó primeiro grupo, a biblioteca
conta con algún exemplar solto de
revistas ou periódicos antigos editados
en Vilagarcía, así como algúns
exemplares de publicacións que fan
referencia á cidade, aínda
que non fosen publicados na vila. Mención
especial merece a colección completa
do xornal local "Galicia Nueva"
que abarca o período 1907-1938 e
que pode considerarse como a "xoia"
do Fondo, pois é unha das fontes
históricas fundamentais para os traballos
de investigación sobre o Concello.
Por outra banda, na Biblioteca elabóranse
dossieres de prensa nos que
se recollen as noticias de ámbito
local e comarcal aparecidas nos xornais
rexionais de máis difusión
da nosa zona. As datas que abarcan os dosieres
de prensa van desde maio de 1983 ata a actualidade.
Materiais especiais: Dentro deste
apartado incluiríanse: reproduccións
de fotos antigas de Vilagarcía e
comarca, postais, vídeos, diapositivas,
microfichas e disquetes
ACTIVIDADES DE EXTENSIÓN CULTURAL.
Campaña de Fomento da Lectura:
Dende hai varios anos, a Biblioteca Municipal
e as súas Axencias de Lectura participan
na Campaña de Fomento da Lectura
organizada pola Consellería de Cultura,
Comunicación Social e Turismo entre
as bibliotecas integradas na Rede de Bibliotecas
de Galicia. Os seus obxectivos son:
Fomentar e incentivar a Lectura entre
os participantes.
Promover un achegamento ós autores,
ilustradores, e en xeral ós profesionais
da literatura infantil e xuvenil, por
medio do contacto cun autor/a.
Dar a coñecer as Bibliotecas
da localidade a tódolos nenos participantes.
Visitas guiadas de escolares:
Coa finalidade de dar a coñece-las instalacións
e o seu funcionamento, ó longo do ano
a biblioteca é obxecto de visitas guiadas
de escolares acompañados polos seus mestres.
Campaña de Nadal: Encamiñada
a premiar e incentivar ós lectores
menores de 14 anos que máis libros
levaron en préstamo ó longo
do ano. Os premios consisten en lotes de libros,
pegatinas, lápices, bolígrafos,
etc. Normalmente, os agasallos entréganse
en xaneiro.
Servicios: Actividades culturais, información
bibliográfica, préstamo a domicilio,
lectura en sala, formación de usuarios
e solicitude de adquisicións.
Servicios: Actividades culturais, información
bibliográfica, préstamo a domicilio,
lectura en sala, formación de usuarios
e solicitude de adquisicións.
Servicios: Actividades culturais, información
bibliográfica, préstamo a domicilio,
lectura en sala, formación de usuarios
e solicitude de adquisicións.