_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
  SERVICIOS MUNICIPAIS / Cultura / Concursos e premios
CABALGATA DE REIS

Cada ano, co Nadal, o Concello establece unha serie de axudas para os distintos centros educativos e asociacións culturais e veciñais que colaboran na organización e desenvolvemento da Cabalgata de Reis. Do mesmo xeito, cada ano organízase un concurso de debuxo entre os escolares do que sairá o cartel anunciador da Cabalgata, e publícanse en postais os traballos gañadores.

CONCURSO INTERNACIONAL DA CAMELIA

A exposición internacional da Camelia celébrase con carácter trianual neste Concello, rotando co Concello de Vigo e a Deputación de Pontevedra na súa organización. A el poden concorrer tódalas persoas interesadas na camelia, sexan profesionais ou afeccionados. O obxecto do Concurso é a flor da camelia en tódalas súas modalidades (xapónica blanca, rosada, vermella, xaspeada, reticulata ou híbridos, outras especies e mellor presentación artística). Outórganse un primeiro e un segundo premio ós mellores lotes de cada modalidade de Camelia. O concursante máis destacado recibe o premio especial “Camelia de ouro Antonio Odriozola”.

Paralelamente convócanse un concurso de ornamentación de escaparates, un certame poético, un concurso de fotografía e outro de artigo periodístico. Todos eles arredor da camelia. A cuantía dos premios determinase en cada edición.

ENTROIDO

Cada ano, a Concellería de Cultura convoca un concurso de comparsas a celebrar no domingo de Entroido e un desfile de disfraces, no martes. Ámbolos dous concursos teñen unha dotación económica, que se fixa en cada convocatoria. O xurado valora especialmente a animación, espectacularidade, espontaneidade e consunción, e no caso das comparsas, ademais do anterior, a música e a letra.
Tamén o luns de Entroido celébrase unha Festa Infantil na Praza de Peixería.

FOTOGRAFÍA: RUTA FLUVIAL XACOBEA.

A Fundación Ruta Xacobea do Mar de Arousa e Río Ulla, á que pertence o Concello de Vilagarcía, xunto con outros dezaoito municipios da ría de Arousa, convoca cada ano un concurso de fotografía coincidente co ascenso do río, que normalmente se celebra no mes de xullo. Os interesados poden opter máis información na seguinte dirección:

Fundación Ruta Xacobea do Mar de Arousa e Río Ulla.
Campo do Souto, s/n 15900 Padrón
Teléfono: 981 810 400
Persona de contacto: Masito Beiro

MAIOS.

Para manter viva a tradición dos Maios, o Concello organiza unha Mostra na que premia a todos aqueles colectivos que participen, segundo a modalidade -maio cónico ou tradicional, maio artístico e cruz de maio-, o número de persoas que participan, e se participan con letrilla ou non.

A exhibición dos maios realízase na Praza da Peixería cada Primeiro de Maio.

POESÍA: PREMIO FERMÍN BOUZA BREY.

O Concello de Vilagarcía convoca con carácter bianual (o último foi no 2003) un concurso de poesía dedicado á memoria do escritor e polígrafo Fermín Bouza Brey. No concurso poden participar todos aqueles autores que o desexen cun poemario inédito dunha extensión mínima de 400 versos escritos en lingua galega. O premio entrégase o 17 de maio, coincidindo co Día das Letras Galegas. O Concello resérvase os dereitos de publicación da obra premiada.

TRADUCCIÓN: FUNDACIÓN PLÁCIDO CASTRO.

A Fundación Plácido Castro, á que pertence o Concello de Vilagarcía, xunto co de Cambados e o Instituto Galego de Análise e Documentación Internacional (Agadi), convoca cada ano un concurso de traducción. Os interesados poden opter máis información na seguiente dirección:

IGADI - Fundación Plácido Castro
Avda. Joselín, 7, portal 3 - 4º B Baiona
Teléfono: 986 357 238 / 610 445 024
Persona de contacto: Xulio Rios
Web: www.igadi.org
Email: xuliorios@igadi.org

 


INSTALACIÓNS CULTURAIS
Casa da Cultura
Sala de Exposicións Rivas Briones
Praza da Peixería
Auditorio
Rede de Centros Socioculturais

DIRECTORIO DE GRUPOS
Asociacións veciñais
Asociacións culturais
Asociacións xuvenis
Asociacións de mulleres
Corais
Folclore
Teatro
Música

BIBLIOTECAS
Biblioteca Pública Municipal Rosalía de Castro
Axencia de Lectura do Carril
Axencia de Lectura de Vilaxoán
Axencia de Lectura de Bamio

DIRECTORIO DE ASOCIACIÓNS
Culturais
Veciñais
CONCURSOS E PREMIOS
Cabalgata de Reis
Concurso Internacional da Camelia
Entroido
Fotografía: Ruta Fluvial Xacobea
Maios
Poesía: Fermín Bouza Brey.
Traducción: Fundación Plácido Castro
CATÁLOGO DE PUBLICACIÓNS


CATÁLOGO DE EXPOSICIÓNS


GALERÍA DE ARTE MUNICIPAL
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Sept 2014  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -