SERVICIOS
MUNICIPAIS / Cultura / Concursos e premios
CABALGATA
DE REIS
Cada ano, co Nadal, o Concello establece unha serie de axudas para os distintos
centros educativos e asociacións culturais
e veciñais que colaboran na organización
e desenvolvemento da Cabalgata de Reis. Do mesmo
xeito, cada ano organízase un concurso
de debuxo entre os escolares do que sairá
o cartel anunciador da Cabalgata, e publícanse
en postais os traballos gañadores.
CONCURSO
INTERNACIONAL DA CAMELIA
A exposición internacional da Camelia
celébrase con carácter trianual
neste Concello, rotando co Concello de Vigo e
a Deputación de Pontevedra na súa
organización. A el poden concorrer tódalas
persoas interesadas na camelia, sexan profesionais
ou afeccionados. O obxecto do Concurso é
a flor da camelia en tódalas súas
modalidades (xapónica blanca, rosada, vermella,
xaspeada, reticulata ou híbridos, outras
especies e mellor presentación artística).
Outórganse un primeiro e un segundo premio
ós mellores lotes de cada modalidade de
Camelia. O concursante máis destacado recibe
o premio especial Camelia de ouro Antonio
Odriozola.
Paralelamente convócanse un concurso
de ornamentación de escaparates, un certame
poético, un concurso de fotografía
e outro de artigo periodístico. Todos eles
arredor da camelia. A cuantía dos premios
determinase en cada edición.
ENTROIDO
Cada ano, a Concellería de Cultura convoca
un concurso de comparsas a celebrar no domingo
de Entroido e un desfile de disfraces, no martes.
Ámbolos dous concursos teñen unha
dotación económica, que se fixa
en cada convocatoria. O xurado valora especialmente
a animación, espectacularidade, espontaneidade
e consunción, e no caso das comparsas,
ademais do anterior, a música e a letra.
Tamén o luns de Entroido celébrase
unha Festa Infantil na Praza de Peixería.
FOTOGRAFÍA:
RUTA FLUVIAL XACOBEA.
A Fundación Ruta Xacobea do Mar de Arousa
e Río Ulla, á que pertence o Concello
de Vilagarcía, xunto con outros dezaoito
municipios da ría de Arousa, convoca cada
ano un concurso de fotografía coincidente
co ascenso do río, que normalmente se celebra
no mes de xullo. Os interesados poden opter máis
información na seguinte dirección:
Fundación Ruta Xacobea do Mar
de Arousa e Río Ulla.
Campo do Souto, s/n 15900 Padrón
Teléfono: 981 810 400
Persona de contacto: Masito Beiro
MAIOS.
Para manter viva a tradición dos Maios,
o Concello organiza unha Mostra na que premia
a todos aqueles colectivos que participen, segundo
a modalidade -maio cónico ou tradicional,
maio artístico e cruz de maio-, o número
de persoas que participan, e se participan con
letrilla ou non.
A exhibición dos maios realízase
na Praza da Peixería cada Primeiro de Maio.
POESÍA:
PREMIO FERMÍN BOUZA BREY.
O Concello de Vilagarcía convoca con
carácter bianual (o último foi no
2003) un concurso de poesía dedicado á
memoria do escritor e polígrafo Fermín
Bouza Brey. No concurso poden participar todos
aqueles autores que o desexen cun poemario inédito
dunha extensión mínima de 400 versos
escritos en lingua galega. O premio entrégase
o 17 de maio, coincidindo co Día das Letras
Galegas. O Concello resérvase os dereitos
de publicación da obra premiada.
TRADUCCIÓN:
FUNDACIÓN PLÁCIDO CASTRO.
A Fundación Plácido Castro, á
que pertence o Concello de Vilagarcía,
xunto co de Cambados e o Instituto Galego de Análise
e Documentación Internacional (Agadi),
convoca cada ano un concurso de traducción.
Os interesados poden opter máis información
na seguiente dirección: