O Servicio de Desenvolvemento Local e Emprego
dedícase fundamentalmente a tarefas de
intermediación e facilitación no
apoio ó desenvolvemento económico,
a través de accións de asesoramento,
información, formación, formulación
de proxectos e tódalas actuacións
que impulsen o desenvolvemento económico
e a creación de emprego no municipio.
É propósito deste servicio mellora-las
condicións de vida no concello, a partir
de esquemas de concertación que posibiliten
a movilización dos recursos locais e da
cooperación para xerar emprego e dotar
ó territorio de infraestructura básica
para o desenvolvemento.