Os centros e cursos de formación ocupacional
que a Concellería de Xuventude e Emprego
ten homologados son:
• Centro Cultural da Torre. Situado na
rúa Amizade, 4. A Torre (Vilagarcía
de Arousa), conta coas seguientes especialidades:
o Técnico Auxiliar de Deseño
Gráfico.
o Programador de Aplicacións Informáticas.
o Programas de Retoque Dixital e Escaneado
de Imaxes.
o Ofimática.
o Linguaxes de Programación.
o Socorrista Acuático.
o Monitor Deportivo.
o Axudante Técnico de Protección
Civil.
• Edificio da Escola Taller. Situado na
avenida de Agustín Romero, s/n, ofrece
as seguintes modalidades de formación:
o Analista de Riscos.
o Auxiliar florista.
Cada ano, a Consellería de Familia e Promoción
de Emprego, Muller e Xuventude da Xunta de Galicia
publica a convocatoria para que as entidades que
teñen cursos homologados soliciten os que
consideren oportunos. De acordo con esas solicitudes,
a consellería notifica ás entidades
os cursos que lle concede.
Estes cursos son dirixidos unicamente a desempregados.
Quen desexe realizar algúns dos cursos
que ten homologados o Concello, deberá
informarse, alá polo mes de marzo, de cales
se impartirán ese ano. Se algún
é do seu interese, ten que dirixirse á
oficina de emprego e indicarlle o seu desexo de
ser seleccionado como candidato para asistir a
ese curso. Antes do inicio do curso, o Concello
deberá dirixirse á devandita oficina
para solicitar unha lista de aspirantes a realizalo.
Desa relación serán seleccionados
os alumnos.