_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
  SERVICIOS MUNICIPAIS / Programa de Emprego e Empresa

ESCOLAS OBRADOIRO, CASAS DE OFICIOS E OBRADOIROS DE EMPREGO

As Escolas Obradoiro e Casas de Oficios son programas públicos de emprego–formación. O seu fin é a inserción no mercado de traballo de mozos desempregados de ámbolos dous sexos, menores de vintecinco anos, mediante a súa cualificación e adquisición de experiencia profesional en ocupacións ou actividades de utilidade pública ou interese social.

O desenvolvemento destes programas articúlase en dúas etapas:

• A primeira de carácter formativo ou de iniciación (duración de seis meses)
• A segunda de formación, alternando cun traballo productivo ou de práctica profesional no que os alumnos-traballadores están contratados e perciben un salario (duración dun ano).

O requisito principal para participar nun proxecto de Escola Obradoiro o Casa de Oficios é que os mozos deben ser menores de vintecinco anos é estar inscritos como desempregados na oficina de emprego.
No Concello de Vilagarcía existirón tres Escolas Obradoiro ó longo destes anos, programas dos que beneficiáronse uns 180 xovenes formados en distintas especialidades e que conseguirón a súa inserción laboral o 75% de les ó término dos proxectos.

Neste momento está en funcionamento unha nova Escola Obradoiro no Concello de Vilagarcía coas especialidades formativas de albanelería, carpinteria, fontanería-electricidade e xardineria-medioambiente, cun total de 45 alumnos-traballadores.

Os xoves interesados na participación nunha Escola Obradoiro deben estar inscritos como demandantes de emprego na Oficina Pública de Emprego, e informar ó darse de alta na mesma do séu interese na inclusión nestes programas de emprego –formación.

Os Obradoiros de Emprego son programas públicos de emprego e formación dirixidos a mellorar-las posibilidades de ocupación do colectivo de desempregados de vintecinco ou máis anos, especialmente daqueles grupos con especiais dificultades de inserción laboral a través de accións de formación en alternancia coa práctica profesional mediante o desempeño dun traballo real e productivo. (duración dun ano)

Os requisitos dos participantes nun Obradoiro de Emprego son ter vintecinco ou máis anos e estar desempregado e inscrito na Oficina de Emprego.

O Concello de Vilagarcía ten solicitado a Xunta de Galicia un Proxecto de Obradoiro de Emprego de duración dun ano coas seguintes especialidades,cun total de 45 alumnos-traballadores:

• Construcción
• Carpintería
• Fontaneria-electricidade
• Xardinería-medioambiente
• Construccións metálicas

PROGRAMAS DE COOPERACIÓN
Os programas de cooperación son programas públicos de emprego concebidos como unha medida de fomento do emprego a través da cal os traballadores desempregados adquiren experiencia profesional, mellorando así a súa empregabilidade.

Tamén a través destes programas poderase contratar servicios públicos con empresas cualificadas como iniciativas de emprego, con centros especiais de emprego ou con empresas de economía social.

O Concello de Vilagarcía de Arousa, a través dos programas de Cooperación contrata traballadores desempregados para a realización de obras ou servicios de interese xeral e social.

Nos últimos anos, gracias a ditos programas contrataronse:

• auxiliares de biblioteca para atención bibliotecas municipais,
• socorristas para atención das praias.
• técnicos en turismo para atención oficinas de turismo, realización da ruta dos pazos e outras actividades.
• técnicos deportivos para escola multideportiva do veran.
• operarios de servicios múltiples para realización de obras de acondicionamento e mantenemento de espacios públicos municipais.
• animadores xuvenís para atención das oficinas de información e dinamización da xuventude.
• administrativos para realización de tarefas administrativas
• grupos de intervención rápida para actuacións de emergencia, etc.

PROGRAMA LABORA

O Programa Labora é un novo programa público cuio fin é dotar de experiencia a xuventude a través da súa contratación durante un período de 12 meses.

Os requisitos para poder participar neste programa son:

• Menor de 30 anos.
• Inscritos como demandantes de emprego cunha antigüidade mínima de 4 meses no paro.
• Que non teñan experiencia laboral de 6 meses ou máis nos últimos 3 anos.

Os desempregados que cumpran ditos requisitos, a oficina de emprego enviaralles unha carta informandoles sobre dito programa e preguntando se queren incorporarse o programa.

O Concello de Vilagarcía de Arousa a través de dito programa contratou recientemente a 19 traballadores desempregados:

• 9 auxiliares administrativos
• 3 auxiliares de biblioteca
• 4 persoas para turismo
• 1 monitor deportivo
• 2 monitores socioculturales

PRODER II DA COMARCA DO SALNÉS

O PRODER II é unha Iniciativa Comunitaria cuns obxetivos de facilitar o desenvolvemento endóxeno e sostido do medio rural, fortalecer e divesificar a economía do territorio, o mantemento da súa poboación, a levación das rentas o benestar social dos habitantes e a conservación do espacio e dos recursos naturais

O PRODER II da Comarca do Salnés ten como obxetivos e líneas fundamentales de actuación os seguintes:

• Potencia-la innovación, desenvolvemento, investigación aplicada á colavoración como fáctores básicos da competitividade, entre as empresas e/ou institucións
• Potencia-la diversificación empresaria, a especialización flexible e o turismo como actividade integradora do Salnés.
• Asocia-la imaxe da comarca á calidade e o coidado do medioambiente.
• Promove-la ordenación do territorio, infraestructuras e equipamentos para vivir e producir, favorecendo o séu desenvolvemento territorial equilibrado.
• Favorece-la xeneración de emprego, profesionalización da xestión e modernización das actividades empresariais.
• Fomenta-las actividades e empresas de carácter social con especial incidencia en mulleres, xovenes, terceira idade y colectivos de dificil inserción.

A inversión prevista no PRODER II é de 9.500.000 euros nun período de programación do ano 2002 ata o 2008.

As empresas e as persoas interesadas no inicio dunha actividade empresarial poden presentar os séus proxectos, que serán baremados dacordo cuns criterios obrigatorios e valorables, tendo a posibilidade de conquerir subvencións a fondo perdido para o investimento dos proxectos.
Para maior información dirixirse ós servicios de desenvolvemento local do Concello de Vilagarcía

INFORMACIÓN E ASESORAMENTO
• Particulares.
• Empresas.
• Sociedades sen ánimo de lucro


PROGRAMAS DE EMPREGO E EMPRESA
• Escolas obradoiro e obradoiros de emprego.
• Programas de cooperación.
• Programa Labora.
• Programa Proder II


FORMACIÓN OCUPACIONAL  
   
SERVICIO GALEGO DE COLOCACIÓN ENLACES DE INTERESE


4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Feb 1859  
L
M
X
J
V
S
D
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
           
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -