SERVICIOS
MUNICIPAIS / Programa de Emprego e Empresa
ESCOLAS OBRADOIRO, CASAS DE OFICIOS
E OBRADOIROS DE EMPREGO
As Escolas Obradoiro e Casas de Oficios son programas
públicos de emprego–formación.
O seu fin é a inserción no mercado
de traballo de mozos desempregados de ámbolos
dous sexos, menores de vintecinco anos, mediante
a súa cualificación e adquisición
de experiencia profesional en ocupacións
ou actividades de utilidade pública ou
interese social.
O desenvolvemento destes programas articúlase
en dúas etapas:
• A primeira de carácter formativo
ou de iniciación (duración de seis
meses)
• A segunda de formación, alternando
cun traballo productivo ou de práctica
profesional no que os alumnos-traballadores están
contratados e perciben un salario (duración
dun ano).
O requisito principal para participar nun proxecto
de Escola Obradoiro o Casa de Oficios é
que os mozos deben ser menores de vintecinco anos
é estar inscritos como desempregados na
oficina de emprego.
No Concello de Vilagarcía existirón
tres Escolas Obradoiro ó longo destes anos,
programas dos que beneficiáronse uns 180
xovenes formados en distintas especialidades e
que conseguirón a súa inserción
laboral o 75% de les ó término dos
proxectos.
Neste momento está en funcionamento unha
nova Escola Obradoiro no Concello de Vilagarcía
coas especialidades formativas de albanelería,
carpinteria, fontanería-electricidade e
xardineria-medioambiente, cun total de 45 alumnos-traballadores.
Os xoves interesados na participación nunha
Escola Obradoiro deben estar inscritos como demandantes
de emprego na Oficina Pública de Emprego,
e informar ó darse de alta na mesma do
séu interese na inclusión nestes
programas de emprego –formación.
Os Obradoiros de Emprego son programas públicos
de emprego e formación dirixidos a mellorar-las
posibilidades de ocupación do colectivo
de desempregados de vintecinco ou máis
anos, especialmente daqueles grupos con especiais
dificultades de inserción laboral a través
de accións de formación en alternancia
coa práctica profesional mediante o desempeño
dun traballo real e productivo. (duración
dun ano)
Os requisitos dos participantes nun Obradoiro
de Emprego son ter vintecinco ou máis anos
e estar desempregado e inscrito na Oficina de
Emprego.
O Concello de Vilagarcía ten solicitado
a Xunta de Galicia un Proxecto de Obradoiro de
Emprego de duración dun ano coas seguintes
especialidades,cun total de 45 alumnos-traballadores:
PROGRAMAS DE COOPERACIÓN
Os programas de cooperación son programas
públicos de emprego concebidos como unha
medida de fomento do emprego a través da
cal os traballadores desempregados adquiren experiencia
profesional, mellorando así a súa
empregabilidade.
Tamén a través destes programas
poderase contratar servicios públicos con
empresas cualificadas como iniciativas de emprego,
con centros especiais de emprego ou con empresas
de economía social.
O Concello de Vilagarcía de Arousa, a través
dos programas de Cooperación contrata traballadores
desempregados para a realización de obras
ou servicios de interese xeral e social.
Nos últimos anos, gracias a ditos programas
contrataronse:
• auxiliares de biblioteca para atención
bibliotecas municipais,
• socorristas para atención das praias.
• técnicos en turismo para atención
oficinas de turismo, realización da ruta
dos pazos e outras actividades.
• técnicos deportivos para escola
multideportiva do veran.
• operarios de servicios múltiples
para realización de obras de acondicionamento
e mantenemento de espacios públicos municipais.
• animadores xuvenís para atención
das oficinas de información e dinamización
da xuventude.
• administrativos para realización
de tarefas administrativas
• grupos de intervención rápida
para actuacións de emergencia, etc.
PROGRAMA LABORA
O Programa Labora é un novo programa público
cuio fin é dotar de experiencia a xuventude
a través da súa contratación
durante un período de 12 meses.
Os requisitos para poder participar neste programa
son:
• Menor de 30 anos.
• Inscritos como demandantes de emprego
cunha antigüidade mínima de 4 meses
no paro.
• Que non teñan experiencia laboral
de 6 meses ou máis nos últimos 3
anos.
Os desempregados que cumpran ditos requisitos,
a oficina de emprego enviaralles unha carta informandoles
sobre dito programa e preguntando se queren incorporarse
o programa.
O Concello de Vilagarcía de Arousa a través
de dito programa contratou recientemente a 19
traballadores desempregados:
• 9 auxiliares administrativos
• 3 auxiliares de biblioteca
• 4 persoas para turismo
• 1 monitor deportivo
• 2 monitores socioculturales
PRODER II DA COMARCA DO SALNÉS
O PRODER II é unha Iniciativa Comunitaria
cuns obxetivos de facilitar o desenvolvemento
endóxeno e sostido do medio rural, fortalecer
e divesificar a economía do territorio,
o mantemento da súa poboación, a
levación das rentas o benestar social dos
habitantes e a conservación do espacio
e dos recursos naturais
O PRODER II da Comarca do Salnés ten como
obxetivos e líneas fundamentales de actuación
os seguintes:
• Potencia-la innovación, desenvolvemento,
investigación aplicada á colavoración
como fáctores básicos da competitividade,
entre as empresas e/ou institucións
• Potencia-la diversificación empresaria,
a especialización flexible e o turismo
como actividade integradora do Salnés.
• Asocia-la imaxe da comarca á calidade
e o coidado do medioambiente.
• Promove-la ordenación do territorio,
infraestructuras e equipamentos para vivir e producir,
favorecendo o séu desenvolvemento territorial
equilibrado.
• Favorece-la xeneración de emprego,
profesionalización da xestión e
modernización das actividades empresariais.
• Fomenta-las actividades e empresas de
carácter social con especial incidencia
en mulleres, xovenes, terceira idade y colectivos
de dificil inserción.
A inversión prevista no PRODER II é
de 9.500.000 euros nun período de programación
do ano 2002 ata o 2008.
As empresas e as persoas interesadas no inicio
dunha actividade empresarial poden presentar os
séus proxectos, que serán baremados
dacordo cuns criterios obrigatorios e valorables,
tendo a posibilidade de conquerir subvencións
a fondo perdido para o investimento dos proxectos.
Para maior información dirixirse ós
servicios de desenvolvemento local do Concello
de Vilagarcía