O Concello de Vilagarcía é centro
colaborador do Servicio Galego de Colocación
(SGC) nos programas de información profesional
e de orientación profesional e busca de
emprego, e como tal ofrece os seguintes servicios:
• Información a cada usuario demandante
de emprego sobre as actuacións que leva
a cabo o Servicio Público de Emprego.
• Tratamento da demanda de emprego mediante
a revisión do curriculum vitae, nunha entrevista
individual e personalizada na que se comprobarán
e validarán os datos que contén
o CV e os documentos acreditativos achegados polo
usuario do servicio, comprobando a adecuación
dos datos á relación de ocupacións
ás que opta o demandante de emprego, e
asesorándoo sobre as ocupacións
ou alternativas, para unha posterior codificación
e introducción desas referencias na base
de datos do SGC.
• Renovación do CV cando o solicite
o demandante e posteriores modificacións
ou cancelacións dos datos contidos no seu
CV.
• Avaliación do perfil curricular
de cada demandante actuando sobre as súas
aptitudes e capacidades, establecendo actuacións
tendentes a adecua-los seus intereses e motivacións
á situación actual do mercado de
traballo.
O demandante interesado en introduci-los seus
datos neste centro colaborador pode facelo pedindo
unha cita na oficina de emprego ou ben no teléfono
de información do SGC: 902 125 000.