SERVICIOS
MUNICIPAIS / Ensino / Colaboración
con distintas organizacións
Dende a Concellería procúrase a
colaboración do Consello Escolar Municipal
(CEM), un órgano no que participan diversos
colectivos implicados no ámbito educativo.
Tamén se subvenciona á Federación
de APAs do Salnés para financiar parte
do custo de aluger dun local no que realizan o
seu traballo.
Igualmente se financian todas aquelas iniciativas
de apoio á educación que xurdan
dos máis amplos sectores da sociedade,
sempre que teñan por obxecto ó achegamento
da educación e da cultura á sociedade
en condicións de igualdade. É ocaso
da iniciativa “Escolarte”, que consistiu
nunha exposición itinerante de pinturas
de artistas propostos pola Casa das Artes, complementada
con charlas e outras actividades.