SERVICIOS
MUNICIPAIS / Ensino / Escola Infantil (gardería)
A Escola Infantil Municipal de Vilagarcía,
está situada na Avdª. de Matosinhos,
A Lomba, próxima ós C.E.I.P. A Lomba
e Arealonga.
Teléfono: 986 50 80 68
Directora: María Victoria Castañeiras
Barreiro
CARACTERÍSTICAS E CONDICIÓNS
DO CENTRO:
O edificio foi inaugurado en setembro de 1.994.
Trátase dunha construcción de planta
baixa con dous soportais cubertos exteriores e
un patio con columpios na fachada principal. A
extensión total do terreo é de 2.500
m2, dos que 1.000 m2 están edificados.
Tódalas dependencias do centro dispoñen
de grandes ventanais. As aulas son amplas, moi
ben iluminadas tanto natural como artificialmente,
e o solo é de cortiza.
A escola conta con:
Cocina industrial
Comedor
Vestiario de persoal
Despachos
Sala de xuntas
Lavandería
Botiquín
Aula de usos múltiples
Aula de bebés-gateo
3 Aulas de 1-2
3 Aulas de 2-3
Aula de 3-4
2 baños de uso infantil dotados cada
un de varios lavabos e retretes, cambiador e
bañeira.
No patio exterior hai tobogáns e outros
columpios de madeira, banco de area, etc. aptos
para nenos de educación infantil.
O centro dispón de mobiliario e material
adaptado ás idades dos nenos.
Capacidade.
O número máximo de prazas son 160,
que varían dependiendo das idades ás
que estean destinadas as aulas.
Horario.
É continuado dende as oito da mañá
ata as vinte horas da tarde. O neno pode permanecer
un máximo de oito horas no centro.
Comedor.- Ofrécese servicio de comedor.
Cotas.- As cotas establéceas a Consellería
de Familia da Xunta de Galicia e o Concello subvenciona
gradualmente ós pais dependendo da renda
da unidade familiar.
Profesorado.
A gardería é unha concesión
dirixida por unha empresa composta por cinco persoas
tituladas: una pedagoga e catro mestras especialistas
en educación infantil que a dirixen dende
o inicio da súa actividade. Para completa-lo
cadro de persoal están contratadas un auxiliar
de puericultura, unha cociñeira e catro
técnicos especialistas en xardín
de infancia.
Pais.
O contacto cos pais dende a entrevista inicial
é directo e diario.
FUNCIONAMIENTO INTERNO
A escola dispón dun proxecto educativo
que se desenvolve anualmente, no que se levan
a cabo diversas actividades para consegui-los
objetivos de xeito globalizado, fomentando a aprendizaxe
por descubrimento. Para iso organízanse
saídas do centro a exposicións,
ó centro comercial, a unha panadería,
ó campo de futbol, á pizzería,
faise pan en clase, realízanse sesións
de seguridade vial coa Policía Municipal,
e outras cos bombeiros e coa ambulancia, visítase
o parque de Enrique Valdés, recóllese
lixo na praia Compostela, etc.
Con todas estas iniciativas, trátase de
acadar uns obxectivos relacionados co coñecemento
do entorno do neno, da súa cidade, das
profesións, así coma a transmisión
de valores que fomenten a conservación
medioambiental, a reciclaxe, a non diferencia
de razas, nin de sexos, etc.