SERVICIOS
MUNICIPAIS / Ensino / Mantemento dos centros
docentes públicos
A Concellería de Educación é
a responsable do mantemento dos centros escolares
públicos de educación infantil e
primaria. (As obras maiores, as que afectan ós
elementos estructurais do edificio ou recinto,
dependen da Consellería de Educación
da Xunta de Galicia). Cando o curso está
a rematar, a Concellería diríxese
a eses centros para que lle informen daquelas
obras que deben realizarse nas vacacións
escolares. Evidentemente, durante o curso os centros
tamén reclaman a realización daqueles
traballos urxentes ou que non precisan da ausencia
dos alumnos. Aquí inclúese, por
exemplo, o acondicionamento do terreo do colexio
para poder realizar proxectos como os de “Voz
Natura”.