_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
  SERVICIOS MUNICIPAIS / Ensino / Programas e axudas

VILAGARCÍA, A TÚA ESCOLA

A Concellería promove actividades para realizar cos centros escolares do Concello, tanto públicos coma privados, co fin de completa-la aprendizaxe dos alumnos. Unha serie de propostas están agrupadas no programa “Vilagarcía, a túa escola”, que inciden sobre as seguintes cuestións:
O transporte: Autobuses urbanos e interurbanos, o ferrocarril e o porto.
A biblioteca
Os medios de comunicación: radio e prensa escrita.
O concello e os seus órganos
O comercio: a praza de abastos, o centro comercial, o mercado
Itinerarios culturais: pazos, castros e parroquias
A industria, con referencia ás máis importantes.
Seguridade cidadá e servicios sociais: Garda Civil, Policía Local, Policía Nacional, Cruz Vermella, Cáritas Interparroquial e Protección Civil.

Cada unha delas ten a súa unidade didáctica para que os rapaces traballen na aula sobre o tema e complétase cunha visita ós lugares de interese. Este programa é ofrecido ano tras ano ós centros, de tal xeito que poidan incluílos na súa programación.

CAMPAÑA DE ANIMACIÓN Á LECTURA

Dende a Concellería de Educación tamén se pon en marcha ano tras ano a Campaña de Animación á Lectura. O Concello presta os libros ós alumnos, e cada libro é intercambiado varias veces entre os compañeiros da mesma clase coa orientación do profesor. Os libros van acompañados dunhas fichas de lectura que teñen que cumprimenta-los propios lectores.

BECAS PARA ESTUDIOS

Para favorece-lo acceso a educación en situación de igualdade, dende a Concellería convócanse cada ano unha serie de becas para estudios. No curso 2002-2003, o número total de beneficarios foi de 305 alumnos, cun importe total de 36.506 €. Para esta iniciativa cóntase con subvención da Consellería de Educación e da Deputación Provincial. As axudas van destinadas a alumnos de educación infantil, primaria e secundaria, que cursen os seus estudios nun centro de Vilagarcía e que a súa unidade familiar non sobrepase uns límites económicos. Os interesados poden obter máis información na sección de “Trámites” de esta mesma web.

BONO-BUS ESCOLAR

Tamén se finanza o Bono-Bus escolar, destinado a alumnos/as matriculados en calquera dos cursos de ensinanza non obligatoria, tanto de Bacharelato coma de Ciclos Formativos ou Programas de Garantía Social, e que cumplan cós requisitos de ser residente en Vilagarcía, estar matriculado nalgún Centro do término municipal, non supera-lo límite de ingresos establecido e residir a máis de 2 quilómetros do centro de estudios. O alumno deberá pagar o 50 % do custo das viaxes do bono. O Concello aporta o 30 % e a Empresa Pereira, SL, o restante 20 %.


PROGRAMAS E AXUDAS

Vilagarcía, a túa escola.
Campaña de animación á lectura.
Becas para estudios.
Bonobús escolar.

4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Oct 1877  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
       
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -