SERVICIOS
MUNICIPAIS / Ensino / Programas e axudas
VILAGARCÍA,
A TÚA ESCOLA
A Concellería promove actividades para
realizar cos centros escolares do Concello, tanto
públicos coma privados, co fin de completa-la
aprendizaxe dos alumnos. Unha serie de propostas
están agrupadas no programa “Vilagarcía,
a túa escola”, que inciden sobre
as seguintes cuestións:
O transporte: Autobuses urbanos e interurbanos,
o ferrocarril e o porto.
A biblioteca
Os medios de comunicación: radio e prensa
escrita.
O concello e os seus órganos
O comercio: a praza de abastos, o centro comercial,
o mercado
Itinerarios culturais: pazos, castros e parroquias
A industria, con referencia ás máis
importantes.
Seguridade cidadá e servicios sociais:
Garda Civil, Policía Local, Policía
Nacional, Cruz Vermella, Cáritas Interparroquial
e Protección Civil.
Cada unha delas ten a súa unidade didáctica
para que os rapaces traballen na aula sobre o
tema e complétase cunha visita ós
lugares de interese. Este programa é ofrecido
ano tras ano ós centros, de tal xeito que
poidan incluílos na súa programación.
CAMPAÑA
DE ANIMACIÓN Á LECTURA
Dende a Concellería de Educación
tamén se pon en marcha ano tras ano a Campaña
de Animación á Lectura. O Concello
presta os libros ós alumnos, e cada libro
é intercambiado varias veces entre os compañeiros
da mesma clase coa orientación do profesor.
Os libros van acompañados dunhas fichas
de lectura que teñen que cumprimenta-los
propios lectores.
BECAS
PARA ESTUDIOS
Para favorece-lo acceso a educación en
situación de igualdade, dende a Concellería
convócanse cada ano unha serie de becas
para estudios. No curso 2002-2003, o número
total de beneficarios foi de 305 alumnos, cun
importe total de 36.506 €. Para esta iniciativa
cóntase con subvención da Consellería
de Educación e da Deputación Provincial.
As axudas van destinadas a alumnos de educación
infantil, primaria e secundaria, que cursen os
seus estudios nun centro de Vilagarcía
e que a súa unidade familiar non sobrepase
uns límites económicos. Os interesados
poden obter máis información na
sección de “Trámites”
de esta mesma web.
BONO-BUS
ESCOLAR
Tamén se finanza o Bono-Bus escolar,
destinado a alumnos/as matriculados en calquera
dos cursos de ensinanza non obligatoria, tanto
de Bacharelato coma de Ciclos Formativos ou Programas
de Garantía Social, e que cumplan cós
requisitos de ser residente en Vilagarcía,
estar matriculado nalgún Centro do término
municipal, non supera-lo límite de ingresos
establecido e residir a máis de 2 quilómetros
do centro de estudios. O alumno deberá
pagar o 50 % do custo das viaxes do bono. O Concello
aporta o 30 % e a Empresa Pereira, SL, o restante
20 %.