A Fundación Pública de Servicios
Deportivos Municipais ou máis sinxelamente,
Fundación de Deportes, encárgase
da xestión dos servicios deportivos do
Concello. A Fundación é a responsable
da utilización das instalacións
deportivas municipais e da organización
de actividades deportivas dirixidas tanto á
cidadanía en xeral como a sectores moi
determinados da mesma.
Na Fundación de Deportes están representados
os órganos de goberno do municipio, os
grupos políticos da Corporación
e as entidades deportivas da vila, co obxecto
de que na toma de decisións sobre cuestións
que afectan ó deporte estén presentes
tanto os deportistas afeccionados (a través
dos seus representantes políticos) coma
os federados (por medio dos clubs).
ACTIVIDADES Escolas
Deportivas
• Escola multideportiva
• Escola deportiva de base
• Escola “Vive o Deporte”
• Escolas municipais
• Outras actividades deportivas