ORGANIZACIÓN
MUNICIPAL / Fundación deportes /
Actividades adultos
As actividades que integran este programa combinan
o ocio e a práctica deportiva. Os usuarios
poden escoller entre diversas propostas lúdico-deportivas
para o seu tempo libre, deixando nun segundo plano
a competición e o resultado. Están
dirixidas á familia, grupo de amigos, etc.,
xa que o obxetivo é fomenta-la prática
deportiva en común e que o deporte sexa
un lugar de encontro.
Dentro das oferta de actividades deportivas da
Fundación destacan a ximnasia de mantenemento
e o aerobic (de recente introducción).
Nos dous casos, procúrase achegar á
actividade ós cidadáns ofrecendo
varios sedes, tanto no casco urbano como no extrarradio,
e diversidade de horarios a escoller.
XIMNASIA DE MANTENEMENTO
Dirixido a persoas de 16 anos en adiante. A actividade
realízase de luns a venres, 3 días
á semana, en clases dunha hora de duración,
pola mañá ou pola tarde-noite, a
elección dos participantes. Ó longo
do curso escolar, organízanse tres cursos
dun trimestre cada un, para facilita-las novas
incorporacións e a renovación dos
practicantes.
XIMNASIA DE MANTENEMENTO E PISCINA
A Fundación ofrece a posibilidade de practicar
exercicio coordinando a actividade de ximnasia
coa de piscina, nunha sesión semanal dunha
hora de duración.
AEROBIC
A Fundación ofrece tamén na súa
programación un curso de aerobic para maiores
de 16 anos. A actividade desenvólvese en
tres clases semanais dunha hora de duración
cada unha.
ACTIVIDADES Escolas
Deportivas
• Escola multideportiva
• Escola deportiva de base
• Escola “Vive o Deporte”
• Escolas municipais
• Outras actividades deportivas