_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
  ORGANIZACIÓN MUNICIPAL / Fundación deportes / Escolas deportivas

As escolas deportivas son o eixo fundamental da formación dos nenos en idade escolar. A proposta, deseñada pola Fundación e desenvolta coa colaboración de centros escolares e asociacións de pais de alumnos, achega a actividade física ás aulas ó programar distintos cursiños deportivos nas propias instalacións dos colexios. A Fundación encárgase de poñer a disposición dos interesados os medios técnicos, humanos e materiais necesarios para a realización destas actividades. As escolas deportivas estructúranse –segundo a idade dos nenos- en tres niveis, cada un cunha oferta específica adaptada á capacidade física dos nenos.
Poden participar nestas actividades tódolos alumnos dos centros de ensino, tanto privados coma concertados, de Vilagarcía.

PRIMEIRA ETAPA: ESCOLA MULTIDEPORTIVA
A escola multideportiva, destinada a rapaces de entre 6 e 8 anos, permite ós cativos introducirse na actividade deportiva dun xeito lúdico. Por medio destas clases de pre-deporte, os rapaces inician a súa aprendizaxe deportiva e ó tempo, desenvolven as súas cualidades físicas como psicomotricidade, coordinación, etc.
Nesta etapa, os xogos que se realizan están destinados o coñecemento básico dos deportes. Trátase de actividades sinxelas que paulatinamente van aumentando a súa dificultade, permitindo un desenvolvemento progresivo e equilibrado do neno e achegándoo as regras do deporte. O compoñente competitivo perde importancia respecto ós valores sociais. Por ese motivo, mensualmente se realizan concentracións co obxetivo de reunir ós diversos grupos nunhas xornadas onde os nenos intercambian experiencias cos compañeiros doutros centros de ensino.

SEGUNDA ETAPA: ESCOLA DEPORTIVA DE BASE
Trala finalización da primeira etapa de multideporte, os nenos de 9 a 13 anos inícianse na práctica de deportes individuais e de grupo, a través das escolas deportivas de base. A proposta da Fundación inclúe fútbol, baloncesto, atletismo, patinaxe, tenis, tenis de mesa, rugby, judo, ciclismo, béisbol, golf, aeróbic ou xoquei. Existe ademais a posibilidade de programar calquera outro deporte con suficiente demanda entre os escolares.
As clases impártense nas diferentes instalacións municipais. O horario é variado, cunha media de catro horas semanais dedicando dúas horas a cada un dos dous deportes que se seleccionan. As escolas multideportivas de base permiten que os rapaces poidan practicar o seu deporte favorito, coas debidas condicións técnicas, e con material e medios humanos especializados.

TERCEIRA ETAPA: ESCOLA VIVE O DEPORTE
Destinada a rapaces de idades comprendidas entre os 14 e 17 anos, a oferta é ampla e moi variada incluíndo, ademais de deportes no sentido máis estricto, programas que combinan a actividade física con outras de animación, viaxes, ocio ou recreo, sen esquece-la oferta deportiva.

ESCOLAS MUNICIPAIS
As escolas municipais son un complemento á oferta deportiva de base no municipio, xa que fan posible a práctica de deportes non incluídos nas escolas municipais por medio da colaboración con clubs do municipio. As escolas municipais permiten achegar ós mozos deportes que a Fundación non pode xestionar directamente, centralizando a súa aprendizaxe en clubs do municipio que xa contan cos medios técnicos e humanos necesarios. Estas entidades reciben, coma contraprestación, unha subvención municipal.
Na actualidade existen as seguintes:
-Escola municipal de remo
-Escola municipal de vela

OUTRAS ACTIVIDADES DEPORTIVAS
Ademais das escolas, a Fundación de Deportes organiza actividades destinadas a tódalas idades, que podemos clasificar en programas deportivos para adultos, actividades de recreo e ocio, campaña de verán e outras de diversa índole e carácter puntual entre as que se atopan diferentes torneos, campionatos, charlas técnicas, clínics deportivos, etc.

ACTIVIDADES
Escolas Deportivas
• Escola multideportiva
• Escola deportiva de base
• Escola “Vive o Deporte”
• Escolas municipais
• Outras actividades deportivas

Actividades para adultos
• Ximnasia de mantemento
• Ximnasia + piscina
• Aeróbic

Vacacións deportivas
• Escolas deportivas de verán
• Ximnasia de mantemento

Torneo de fútbol-praia

FESTA DO DEPORTE


PROGRAMAS DE SUBVENCIÓNS


INFRAESTRUCTURAS DEPORTIVAS
Complexo de Fontecarmoa
• Piscina
• Estadio de atletismo
• Edificio polivalente

Polideportivos escolares
Campos de fútbol
Outras instalacións


DIRECTORIO DE CLUBS
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Jun 2083  
L
M
X
J
V
S
D
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
       
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -