ORGANIZACIÓN
MUNICIPAL / Fundación deportes /
Escolas deportivas
As escolas deportivas son o eixo fundamental
da formación dos nenos en idade escolar.
A proposta, deseñada pola Fundación
e desenvolta coa colaboración de centros
escolares e asociacións de pais de alumnos,
achega a actividade física ás aulas
ó programar distintos cursiños deportivos
nas propias instalacións dos colexios.
A Fundación encárgase de poñer
a disposición dos interesados os medios
técnicos, humanos e materiais necesarios
para a realización destas actividades.
As escolas deportivas estructúranse –segundo
a idade dos nenos- en tres niveis, cada un cunha
oferta específica adaptada á capacidade
física dos nenos.
Poden participar nestas actividades tódolos
alumnos dos centros de ensino, tanto privados
coma concertados, de Vilagarcía.
PRIMEIRA ETAPA: ESCOLA MULTIDEPORTIVA
A escola multideportiva, destinada a rapaces de
entre 6 e 8 anos, permite ós cativos introducirse
na actividade deportiva dun xeito lúdico.
Por medio destas clases de pre-deporte, os rapaces
inician a súa aprendizaxe deportiva e ó
tempo, desenvolven as súas cualidades físicas
como psicomotricidade, coordinación, etc.
Nesta etapa, os xogos que se realizan están
destinados o coñecemento básico
dos deportes. Trátase de actividades sinxelas
que paulatinamente van aumentando a súa
dificultade, permitindo un desenvolvemento progresivo
e equilibrado do neno e achegándoo as regras
do deporte. O compoñente competitivo perde
importancia respecto ós valores sociais.
Por ese motivo, mensualmente se realizan concentracións
co obxetivo de reunir ós diversos grupos
nunhas xornadas onde os nenos intercambian experiencias
cos compañeiros doutros centros de ensino.
SEGUNDA ETAPA: ESCOLA DEPORTIVA DE BASE
Trala finalización da primeira etapa de
multideporte, os nenos de 9 a 13 anos inícianse
na práctica de deportes individuais e de
grupo, a través das escolas deportivas
de base. A proposta da Fundación inclúe
fútbol, baloncesto, atletismo, patinaxe,
tenis, tenis de mesa, rugby, judo, ciclismo, béisbol,
golf, aeróbic ou xoquei. Existe ademais
a posibilidade de programar calquera outro deporte
con suficiente demanda entre os escolares.
As clases impártense nas diferentes instalacións
municipais. O horario é variado, cunha
media de catro horas semanais dedicando dúas
horas a cada un dos dous deportes que se seleccionan.
As escolas multideportivas de base permiten que
os rapaces poidan practicar o seu deporte favorito,
coas debidas condicións técnicas,
e con material e medios humanos especializados.
TERCEIRA ETAPA: ESCOLA VIVE O DEPORTE
Destinada a rapaces de idades comprendidas entre
os 14 e 17 anos, a oferta é ampla e moi
variada incluíndo, ademais de deportes
no sentido máis estricto, programas que
combinan a actividade física con outras
de animación, viaxes, ocio ou recreo, sen
esquece-la oferta deportiva.
ESCOLAS MUNICIPAIS
As escolas municipais son un complemento á
oferta deportiva de base no municipio, xa que
fan posible a práctica de deportes non
incluídos nas escolas municipais por medio
da colaboración con clubs do municipio.
As escolas municipais permiten achegar ós
mozos deportes que a Fundación non pode
xestionar directamente, centralizando a súa
aprendizaxe en clubs do municipio que xa contan
cos medios técnicos e humanos necesarios.
Estas entidades reciben, coma contraprestación,
unha subvención municipal.
Na actualidade existen as seguintes:
-Escola municipal de remo
-Escola municipal de vela
OUTRAS ACTIVIDADES DEPORTIVAS
Ademais das escolas, a Fundación de Deportes
organiza actividades destinadas a tódalas
idades, que podemos clasificar en programas deportivos
para adultos, actividades de recreo e ocio, campaña
de verán e outras de diversa índole
e carácter puntual entre as que se atopan
diferentes torneos, campionatos, charlas técnicas,
clínics deportivos, etc.
ACTIVIDADES Escolas
Deportivas
• Escola multideportiva
• Escola deportiva de base
• Escola “Vive o Deporte”
• Escolas municipais
• Outras actividades deportivas