ORGANIZACIÓN
MUNICIPAL / Fundación deportes /
Vacacións deportivas
A Fundación ofrece a nenos e maiores
unha ampla oferta de actividades nos meses de
xullo e agosto. Baixo o título de “Vacacións
Deportivas”, as propostas, diferenciadas
en tres grandes grupos de idade, combinan o exercicio
físico e o entretemento por medio de actividades
específicamente deseñadas para a
súa práctica ó aire libre.
ESCOLAS DEPORTIVAS DE VERÁN
As escolas deportivas están dirixidas a
nenos de idades comprendidas entre os 8 e os 16
anos. As clases desenvólvense de luns a
venres, en horario de mañá ou tarde,
e durante os meses de xullo e agosto. Para participar,
é necesario inscribirse previamente nas
oficinas da Fundación de Deporte, puidendo
cada rapaz escoller as actividades que máis
lle interesen. O oferta inclúe:
Fútbol praia
Volei praia
Xogos predeportivos e con paracaídas
Xogos acuáticos
Kayac polo
Patinaxe
Aerobic
XIMNASIA DE MANTENEMENTO Ó AIRE LIBRE
A actividade, gratuíta e de libre participación,
realízase en horario de mañá
durante os meses de xullo e agosto. Levase a cabo
polos técnicos da Fundación e ten
lugar no recinto da Praia Compostela – A
Concha.
ACTIVIDADES Escolas
Deportivas
• Escola multideportiva
• Escola deportiva de base
• Escola “Vive o Deporte”
• Escolas municipais
• Outras actividades deportivas