A Concellería da Muller ten por obxectivo informar, promover e impulsar programas e accións que favorezan a participación da muller, en condicións de igualdade, na vida social, económica e política de Vilagarcía.
Ademais, leva anos desenvolvendo accións dirixidas á intervención con mulleres que sofren violencia. Neste sentido, os seus servizos están recoñecidos e acreditados como CIM (Centro de Información á Muller) polo Servizo Galego de Promoción da Igualdade do home e da muller da Xunta de Galicia.