PROMOCIÓN E DINAMIZACIÓN DO ASOCIACIONISMO E DA PARTICIPACIÓN PÚBLICA
Este programa contempla diferentes medidas e accións para impulsar o asociacionismo entre as mulleres, mediante a formación, o asesoramento e o apoio técnico, de cara a acadar unha maior representación e participación das mulleres nos ámbitos social, público e cultural da nosa cidade.
FORMACIÓN PARA O DESENVOLVEMENTO PERSOAL
O seu obxectivo é favorecer a autoestima e o desenvolvemento das capacidades persoais para que as mulleres tomen as rendas da súa vida. Lévanse a cabo diferentes charlas formativas e talleres: Autoestima, resolución de conflitos,..
FORMACIÓN PARA O EMPREGO
Trátase de realizar actividades formativas que faciliten a incorporación das mulleres ao mercado laboral.
FORMACIÓN PARA A IGUALDADE DE OPORTUNIDADES E CORRESPONSABILIDADE NAS TAREFAS DOMÉSTICAS.
Dentro deste programa, recóllense diferentes accións encamiñadas a romper os estereotipos e roles de xénero e a potenciar a incorporación dos homes aos procesos de igualdade. O obxectivo é que se produzan cambios nas actitudes e nas formas de relacionarnos entre mulleres e homes.
EDUCACIÓN EN VALORES IGUALITARIOS
Con este programa, preténdese o traslado ás aulas dos valores igualitarios traballando, conxuntamente, con todos os membros da comunidade educativa. Desenvólvense diferentes talleres e accións formativas, nos centros de ensino do concello, de cara a eliminar actitudes e comportamentos sexistas e, a previr a violencia de xénero.