INFORMACIÓN E ASESORAMENTO
Neste servicio infórmase sobre os recursos existentes e préstase asesoramento e apoio nas xestións inmediatas e nas propostas feitas polo equipo de profesionais.
Ademais, aténdense e canalízanse as demandas das mulleres e fanse as derivacións ao recurso ou servizo competente.
Atención: luns a venres, de 8,30 a 14,30 horas.
ASESORAMENTO XURÍDICO
Ofrécese atención e asesoramento a mulleres sobre cuestións relacionadas cos seus dereitos: Violencia de Xénero, Dereito de Familia, Dereitos Laborais…
Atención: martes e venres, de 10:00 a 13:30 horas.
APOIO PSICOLÓXICO
É un servizo de orientación e atención psicolóxica para mulleres que se atopan en situación de crise, relacionadas con vivencias de discriminación por cuestións de xénero tales como: violencia, sentimento de abandono, discriminación laboral, abusos sexuais…
Establécense dúas liñas de actuación:
- Prevención.
- Intervención.
Atención: luns e mércores, de 8,30 a 14,30 horas e venres de 16:00 a 21:00 horas.
MEDIACIÓN FAMILIAR
A mediación familiar é unha opción persoal, elixida libremente por aquelas persoas que queren pensar e decidir libremente sobre as súas dificultades para acadar solución aos seus conflitos, e poder cegar así a acordos.
O obxectivo deste servizo é crear un espazo de relacións, de diálogo e escoita, para abrir vías de comunicación entre as persoas en conflito, facilitándolles un procedemento de negociación que lles permita acadar solucións satisfactorias, axudándolles a construír acordos que respondan as súas necesidades.
Atención: luns e mércores, de 10:00 a 13:00 horas.