Vilagarcía ten unha longa tradición comercial.
Na cidade pode atoparse unha gran variedade de establecementos,
de tal xeito que é o principal centro de compras da
Ría de Arousa. Na actualidade, dende a Asociación
de Comerciantes Zona Aberta estase a traballar, coa colaboración
do Concello, no desenvolvemento dun Centro Comercial Urbano,
que reforzará aínda máis a condición
de referente comercial da comarca.
Do mesmo xeito, Vilagarcía conta cunha fonda tradición
turística. Nos últimos anos, actuacións
como o reacondicionamento da praia da Concha-Compostela, o
paseo marítimo, a peonalización de rúas
e prazas, ou a creación de novos espacios verdes, contribuíron
á recuperación da puxanza que o sector turístico
tivo noutras épocas. De feito, creáronse novos
hoteis e a hostalería local levou a cabo unha importante
renovación. Pola súa banda, a iniciativa municipal
tivo o seu referendo na concesión da Bandeira Azul
da UE á praia da Concha-Compostela e a Bandeira Verde
ó desenvolvemento sostible e o coidado do medio ambiente.
Hoxe, informes oficiais recoñecen que Vilagarcía
é o segundo municipio turístico do Salnés,
despois de Sanxenxo.