SERVICIOS
MUNICIPAIS / Comercio e turismo / Comercio e industria
Os aspectos nos que se está a traballar dende a Concellería
son:
• Proxecto “Pasear e Comprar”:
transforma-lo centro urbano para que o público se sinta
cómodo ó face-las as compras, que o peón
sexa o protagonista, que ocupe o espacio, pero sen esquecer
a necesaria fluidez no tráfico rodado.
• Colaboración con Zona Aberta e outras
agrupacións de profesionais que teñan
por obxecto a promoción de Vilagarcía como centro
comercial.
• Bonificacións nos impostos.
No de actividades económicas (IAE), para os establecementos
de nova creación. No de construcción (ICO),
para favorece-los proxectos de interese xeral.
• Apoio á formación e asesoramento
ós empresarios, mediante a impartición de cursos
e a información sobre subvencións municipais
e doutras administracións.
• Colaboración coa Fundación Fexdega
para a promoción do recinto feiral.
• Facilita-la execución das infraestructuras
viarias e de parques empresariais que xa están
previstas e daquelas outras que sexan necesarias.