_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
  UNHA CIDADE PARA VIVIR

Situada a carón do mar, no centro do eixo atlántico A Coruña-Vigo, cun clima temperado, sen temperaturas extremas, e plana na maior parte do seu tecido urbano, Vilagarcía de Arousa é un lugar ideal para vivir. Malia o seu reducido territorio (apenas 50 quilómetros cadrados) e poboación (arredor de 38.000 habitantes), Vilagarcía conta, sen embargo, con tódolos servicios propios dunha cidade de maiores dimensións.

Así, Vilagarcía dispón de porto de interese xeral, delegación da Axencia Tributaria, Capitanía Marítima, dirección provincial do Instituto Social da Mariña, Comisaría de Policía, cuartel da Garda Civil, Fundación feiral, parque de bombeiros, xulgados, hospital comarcal, estación do ferrocarril e de autobuses, acceso directo á autoestrada... Pero Vilagarcía conta tamén con auditorio municipal, sala de exposicións, casa da cultura, porto deportivo e praia, complexo polideportivo con piscina, estadio de atletismo, dous pavillóns de deportes e pistas de tenis con herba artificial e máis de 130.000 metros cadrados de zonas verdes.

Do mesmo xeito, en Vilagarcía é posible acceder a tódolos niveis educativos, dende a gardería a tódalas especialidades do bacharelato, dende a a escola de música e conservatorio á Escola Oficial de Idiomas.

Todo o anterior, xunto coa forte aposta do Concello polos servicios sociais, da muller, da terceira idade e da xuventude, e a humanización das rúas, con peonalizacións e amplas zonas verdes, converten a Vilagarcía nunha cidade moderna, cómoda e, por tradición, hospitalaria. En definitiva, un lugar ideal para vivir.

Para coñecernos mellor:

4 Organización municipal.
4 Servicios Municipais.
4 Turismo.

Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Sept 2025  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -