Co obxecto continuar coa labor de concienciación e sensibilización no eido da igualdade, neste caso, no mundo laboral, o Centro de información á Muller de Vilagarcía (CIM) vén de convocar a unha nova edición do Maratón Fotográfico que se celebra anualmente no marco dos actos conmemorativos do 8M, día da Muller. Os interesados en participar na que será a undécima edición do certame dispoñen de prazo ata o 5 de marzo para facelo. A proba celebrarase durante a xornada do sábado, 9 de marzo. |