Aínda que esperada, a renovación das bandeiras azuis para as praias da Compostela e O Campanario, foi acollida con satisfacción polo goberno local de Vilagarcía en tanto que o galardón avala, un ano máis, o resultado do traballo que se vén facendo dende hai anos para garantir a calidade das augas e dos servizos dos areais municipais. A renovación dos sistemas dos bombeos do saneamento, a retirada do edificio do acuario ou a reforma do paseo marítimo, foron outras das actuacións realizadas con este obxectivo. |