O alcalde de Vilagarcía, Alberto Varela Paz, e responsables do Servizo Galego de Saúde asinaron onte ante notario a acta de cesión do solar da antiga comandancia. O documento recolle e oficializa as condicións polas que o Concello cede gratuitamente ao Sergas a parcela de case 5.000 metros cadrados da avenida da Mariña co fin de que a administración autonómica constrúa nela o necesario novo centro de saúde. O acordo establece que os terreos reverterían automaticamente ao Concello no caso de que o inmoble deixase de prestar o servizo para o que foi cedido, é dicir, para centro de saúde, ou no prazo máximo de 8 anos si a Xunta non chegase a construír a dotación sanitaria. |