|
CONCELLO
O Concello concede a licenza para construír o novo centro de saúde na avenida da Mariña |
|
A demanda do novo centro de saúde para Vilagarcía está cada vez máis preto de converterse en realidade. O Concello completou hoxe a parte da tramitación que lle correspondía realizar concedendo a licenza para a construción da infraestrutura sanitaria nos terreos da avenida da Mariña. O permiso municipal aprobouse esta mañá no transcurso do Consello da Xerencia de Urbanismo. Con isto, e despois de que a semana pasada se oficializase ante notario a cesión ao Sergas do solar da antiga Comandancia, o goberno local espera que a Xunta amose a mesma axilidade e dea o seguinte paso sacando inmediatamente a obra a licitación. |
|
|
|
|
|
|
4Participación
CIDADÁ |
_ |
_ |
_ |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|