O goberno de Vilagarcía xa solicitou, en maio de 2023, hai máis de ano e medio, que por parte de Patrimonio da Xunta de Galicia se iniciara o expediente para catalogar o edificio situado na praza da Constitución, 17, é dicir, o vello asilo-hospitaliño fundado a finais do século XIX. A resposta da Xunta foi o rexeitamento amparándose en el que a petición non estaba suficientemente razoada nin xustificada. Obviamente, o goberno local non está de acordo, volverá a insistir para que si se protexa o inmoble, e máis agora que ameaza derrube, e, dende logo, apoiará a iniciativa do Bloque para discutir este asunto no pleno. |