|
TRÁFICO
A avenida de Valle Inclán dende a rotonda de Pablo Picasso e ata o cruce de Veiga de Abaixo, pechada ao tráfico durante 3 semanas |
|
As obras de mellora da rede de saneamento que está a levar a cabo Petrolam Infraestructuras por encargo de Augas de Galicia e con financiación dos fondos europeos afectarán dende hoxe ao tramo da avenida de Valle Inclán que vai dende a rotonda de Pablo Picasso e o cruce de Veiga de Abaixo. As obras durarán tres semanas e durante este tempo o tráfico de vehículos quedará pechada. Tendo en conta o ancho do vial e que a rede a cambiar vai practicamente polo centro, non é posible facer unha circulación restrinxida a un carril único e reversible regulada por semáforo, como sucedeu con outro tramo da mesma avenida de Valle Inclán. |
|
|
|
|
|
|
4Participación
CIDADÁ |
_ |
_ |
_ |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|