|
FESTAS
O Combate Naval iluminará o ceo nocturno o domingo con 8.000 efectos pirotécnicos de 17 tonalidades diferentes |
|
O traslado do Combate Naval do sábado ao domingo debido á chuvia non impedirá que os milleiros de fieis que acoden anualmente á cita coa que se pechan as Festas de San Roque poidan gozar do espectáculo pirotécnico con máis soleira de Galicia. O ceo volvera a iluminarse na noite do 25 de agosto cunha sesión de fogos de artificio na que se queimarán 600 quilos de pólvora e na que haberá algunha que outra sorpresa para arrancar as exclamacións do público. Serán 21 minutos ininterrompidos dun espectáculo que rematará coa recreación da batalla naval no porto peruano do Callao en 1866, co fogo cruzado entre un castelo de 38 metros de lonxitude situado no peirao do Ramal, e os barcos que o asediarán dende o mar. |
|
|
|
|
|
|
4Participación
CIDADÁ |
_ |
_ |
_ |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|