O alcalde, Alberto Varela, informou hoxe de que o concello presentou alegacións ao proxecto de mellora da seguridade na PO-548 ao seu paso polo Carril. Trátase, en realidade, da segunda fase das beirarrúas que unirán Bamio co porto carrilexo. O problema é que nesa segunda intervención a Xunta pretende circunscribir as beirarrúas á curva tras un antigo concesionario de coches, de maneira que os viandantes terán que seguir camiñando por unha beiravía, co perigo que iso supón. |